A actuación de modernización fronte ao Centro Cultural, que conclúe mañá, inclúe tamén 3.120 m2 de asfaltado
O Concello, a través do proxecto de urbanización de Visma, vén de rematar a reorganización do estacionamento e a distribución das beirarrúas na contorna do centro cultural Ágora. Esta actuación ven motivada pola necesidade de optimizar o plan da área para delimitar claramente as zonas de estacionamento e, onde sexa posible, aproveitar mellor os espazos. A área quedará aberta ao tráfico a partir de mañá.
As actuacións afectaron á totalidade da rúa, á que chegan grazas á nova distribución un total de 81 prazas de estacionamento. Tamén estrea percorridos peonís con 800 m2 de beirrarúas no carril oposto ao Centro Cultural. Ademais, esta fase de ampliación se fixo sen perder áreas de aparcamento —e mesmo gañado no cómputo global—.
Para acomodar o tránsito dos peóns polos novos tramos de beirarrúa, habilitaronse tamén ata tres novos pasos peonís distribuídos ao longo do percorrido, mantendo ademais os xa operativos e contribuíndo á fluidez e regulación na mobilidade. A actuación inclúe tamén ata 3.120 m2 de asfaltado.
“As boas planificacións urbanas non poden buscar soamente aumentar as prazas de estacionamento ou ensanchar as beirarúas sen antes elaborar proxectos que velen, sobre todo, pola integración de todos os elementos que operan nunha contorna. O Concello trata, sempre que é posible, de compensar as inevitables perdas de aparcamento que algúns dos proxectos de modernización deixan. Neste caso, ademais de iso conseguimos habilitar un percorrido peonil que non existía. A boa planificación é iso”, subliñou o concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage Tuñas.
Trátase da primera actuación vinculada coa urbanización de Visma que abre ao público, unha apertura que busca facilitar o acceso ao Ágora mais tamén ofrecer espazos gratuitos de estacionamento en superficie

