A Universidade da Coruña concedeu ao alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, o premio Pazo de Prata INEF Galicia en recoñecemento ao seu apoio político e institucional á Facultade de INEF. A actuación do alcalde, xunto co presidente provincial Enrique Marfany, foi determinante para que o INEF se instalase en Oleiros e non en Vigo, como se pretendía.
O reitor da Universidade, Ricardo Cao, e o decano de INEF, Joaquín Fernando Gómez, fixeron entrega do premio no acto de graduación da XVII Promoción do Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.

