Alternativa trasladou ao goberno municipal a preocupación da veciñanza pola localización dunha praza de aparcamento reservada para persoas con mobilidade reducida na confluencia de Rúa Laxe con Manuel Candamio.
Segundo as queixas recibidas, a disposición actual da praza dificulta a circulación de vehículos de maiores dimensións, como ambulancias ou servizos de emerxencia, ademais de afectar ao acceso dunha vivenda próxima.
Alternativa trasladou a situación despois dunha visita da zona e solicitou que os servizos técnicos municipais estuden alternativaas que permitan manter a accesibilidade da praza, sen influir negativamente na funcionalidade do entorno.

