A parada de autobus actual non ten marquesiña e atopase na estrada que vai de Ledoño a Vinseira pequena (CP 3102) e se sitúa nunha curva con pouca visibilidade o que supón un risco para a seguridade viaria, principalmente no caso do transporte escolar.
A veciñanza ademáis de demandar a instalación da marquesiña, suxeriu unha localización con maior seguridade para a parada de autobus.
Alternativa solicitou ao goberno local a través do pleno que se realicen as xestións oportunas para atender a demanda veciñal e instou a habilitación e instalación da marquesiña con todas as condicións técnicas e de seguridade necesarias, considerando a nova localización proposta (na propia recta da estrada á altura das naves industriais).
O grupo insisitiu que se trata dunha demanda para “a protección das persoas usuarias do transporte público, pero que tamén garante unha parada segura para os escolares da zona.”

