HomeA CoruñaAberto o prazo para a licitación da Casa do Arxentino

Aberto o prazo para a licitación da Casa do Arxentino

- Anuncio -spot_img

O Concello de Oleiros abriu o prazo para a licitación do restaurante-hotel que se atopa no centro de Mera. Os profesionais da hostalería interesados poden presentar as súas solicitudes ata o día 5 de marzo.

O canon mínimo establecido é de 1.300 euros mensuais, IVE incluído. A persoa ou empresa adxudicataria asinará un contrato de 4 anos, sen prorroga.

Neste momento xa manifestaron o seu interese na concesión 6 profesionais da hostalería. Con estas e outras persoas que poidan estar interesadas o Concello organizará unha visita ás instalacións este venres.

Toda a información referida a esta convocatoria é pública, atópase colgada na Plataforma de Contratación do Estado. As empresas e as persoas interesadas en participar neste proceso tamén poderán informarse na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros.

Publicacións Relacionadas