A abstención na aprobación do Acordo Negociado e o Convenio Colectivo do Concello de Culleredo foi xustificada pola discrepancia xurídica e económica entre os informes elaborados polos técnicos municipais.
A pesar de que as novas condicións foron acordadas coa totalidade das representacións sindicais do persoal municipal, contan cun informe técnico desfavorable da intervención xeral.
O informe de intervención (órgano encargado do control financieiro) levanta dúbidas sobre a legalidade dos incrementos na acción social e sobre a estructura das gratificacións no caso da policía local e emerxencias, advertindo diferentes vulneracións respecto á normativa estatal.
Por outra banda dende a área de recursos humanos foi elaborada unha réplica técnica argumentando certas salvedades e excepcionalidades.
Dende Alternativa se manifestou “o respecto polo traballo realizado para que as propostas acadasen un acordo unánime entre o goberno e grupos sindicais, pero non se pode obviar o informe desfavorable da intervención municipal.”

