A cesión do uso do edificio e terreos anexos por parte da Xunta Xestora da Sociedade Cultural ao Concello se está a traducir nun infrauso das instalacións.
Alternativa trasladou a inquedanza veciñal de saber porque a parte superior do inmoble permanece pechada e cal é a previsión de usos.
Dende o grupo consideran que o local social non está a ser empregado nin potenciado para ofrecer servizos e dinamizar a participación veciñal.
A contestación dende o goberno local foi que a planta superior se utiliza de forma ocasional e que non hai previsións de reforma. Eludindo a si está prevista algunha actuación para dinamizar o espazo.
Alternativa considera que os Centros Sociais non son so instalacións, son un medio para achegar servizos e promover a participación veciñal.

