Alternativa levará ao pleno municipal diferentes necesidades demandadas pola veciñanza de Culleredo Tarrio tras manter varios encontros e realizar unha visita pola zona.
As principais preocupacións veciñáis céntranse no mantemento dos espazos públicos e a indignación co abandono xeral por parte do goberno local.
Alternativa dos veciños dará traslado das seguintes demandas e cuestións da veciñanza:
• Renovación do mobiliario urbano na contorna do Concello e o Centro de Saúde, así como o cambio de ubicacións para facelo máis funcional.
• Pista deportiva ao lado da igrexa está obsoleta, asimesmo o parque infantil.
• Instalación de infraestructuras deportivas e reparación do mobiliario no parque……..
• Dinamización do Centro Social “O Noso Lar” e sinalización da zona de aparcamento, así como revisar os convenios co Concello do Edificio.
• Explicacións á veciñanza sobre o Monte Costa e os Pazos de debaixo do aeroporto.

