Alternativa trasladou ao pleno municipal as queixas da veciñanza da parroquia de Santa María de Vigo polo deterioro do camiño de acceso á igrexa e ao cemiterio.
A vía acumula numerosas fochancase deficiencias no firme, o que dificulta o tránsito, afectando ao día a día das persoas usuarias.
O grupo municipal solicitou ao executivo local que actúe non treitos da vía máis danados para mellorar as condicións de seguridade e accesibilidade.
Alternativa dos Veciños sinala que continuará achegando ao executivo local as problemáticas detectadas pola veciñanza, co obxectivo de dar resposta ás necesidades máis inmediatas do municipio.

