Home A Coruña Arrincan as obras de mellora de eficiencia enerxética e accesibilidade do polideportivo...

Arrincan as obras de mellora de eficiencia enerxética e accesibilidade do polideportivo de Guísamo

- Anuncio -

· Para unha mellor execución limitaranse as prazas no aparcamento.

· O proxecto conta cun orzamento de 342.792 euros.

Esta semana deron comezo as obras de mellora de eficiencia enerxética e de accesibilidade do polideportivo de Guísamo. Esta actuación, orzada en 342.792 euros, busca mellorar o illamento térmico e lograr un aforro enerxético; así como mellorar a comodidade do espazo, facéndoo máis amable no seu uso.

O proxecto contempla a mellora da cuberta, colocando un illamento térmico de la de vidro; a substitución da caldeira de gasoil por unha de biomasa, que, ademais de abastecer de auga quente a vestiarios e aseos, alimentará a 8 aerotermos para dotar ao edificio dunha calefacción con enerxía renovable; a renovación total da actual iluminación por outra de tecnoloxía LED; a mellora da ventilación da pista e a instalación dunha tubaxe de drenaxe para evitar a entrada de auga desde o terreo ao interior do edificio.

En canto á accesibilidade, contémplase a reforma dos aseos e vestiarios, adaptándoos a persoas con mobilidade reducida; e tamén se proxecta a instalación dun salvaescalera para poder subir á bancada.

Durante o transcurso das obras inhabilitaranse algunhas prazas de aparcamento na zona para un mellor desenvolvemento dos traballos.

O goberno local de Bergondo destaca “a importancia deste tipo de obras para as arcas municipais, xa que, ademais de mellorar as instalacións, facéndoas máis modernas e adaptadas ás necesidades de todas as persoas, permítennos aforrar diñeiro grazas ás novas tecnoloxías, renovables e de menor impacto ambiental”.

Ademais, tamén agradece “a desinteresada colaboración do persoal do CPAP de Fiobre, que asesoraron sobre as cuestións de accesibilidade no proxecto”.

Relacionadas

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Aprobadas polo pleno as modificacións das ordenanzas reguladdoras do Programa de Conciliación Harmoniza

0
Mantéñense as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe...

Máis de cenlaracheses participaron na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o concello

0
Visitaron durante a xornada de onte os xardíns de Viloira, o malecón do río Sil, o Santuario das Ermidas e unha bodega de elaboración...

Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

0
O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas A presentación correu a...

Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa...

0
As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto...

Publicacións Relacionadas