Free Porn
xbporn
Home A Coruña As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679 persoas usuarias

- Anuncio -

Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os atende

s bibliotecas de Carballo téñense convertido non só nun punto de acceso a todo tipo de publicacións editoriais, senón tamén en importantes centros de dinamización cultural e social, como reflicten as 144 actividades que acolleron ao longo do ano 2023 e nas que participaron un total de 6.643 persoas.

As visitas quincenais dos Ratos de Lonxedetodo, os concertos do Curruncho Pop, a PLIC ou a multitude de actividades infantís que se desenvolven arredor da Semana do Libro e a Lectura, como podemos comprobar estes días, forman parte do ADN das nosas bibliotecas, pero se ata agora este tipo de propostas alternativas se concentraban na Biblioteca Rego da Balsa, o ano pasado marcou un antes e un despois co “contaxio” da Biblioteca da rúa San Xoán, da que tamén parten cada vez máis iniciativas.

As dúas bibliotecas, xunto co arquivo municipal, que vén de ser renovado dentro dun proceso de transformación e modernización, constitúen unha referencia que vai moito máis alá do ámbito comarcal, como se puxo de relevo no 2023 coa concesión dun novo Premio María Moliner á programación anual da Rego da Balsa. E para que siga sendo así, desde a Concellaría de Bibliotecas, Arquivos e Normalización Lingüística xa se están a marcar novos obxectivos, como a consolidación dos tres clubs de lectura que temos en marcha nestes momentos, a mellora da dotación tecnolóxica das instalacións a creación da sección “Outros idiomas” como novo recurso de acceso público ou a creación da sala-exposición Xoán López Eirís de teatro.

Porque o gran obxectivo, como explica a concelleira de Bibliotecas, Arquivos e Normalización Lingüística, Ángeles Pacoret, é achegar a cultura a todos os públicos, a esas 9.616 persoas que xa teñen o carné da biblioteca e a moitas máis. De feito, o ano pasado incrementouse a listaxe de abonados en 679 persoas, pero o número de visitantes que pasaron polas dúas instalacións municipais chegou a 43.041, aos que se suman as 5.501 consultas a través da internet.

As bibliotecas de Carballo poñen a disposición da veciñanza 44.433 libros, e moito máis: videoxogos, películas, xornais, revistas, ordenadores… e diferentes espazos nos que pode pasar calquera cousa. A actividade traspasa incluso os muros do moderno edificio da Rego da Balsa ou do histórico inmoble da rúa San Xoán, chegando nos veráns ata a praia ou durante todo o ano ao mercado municipal, onde hoxe mesmo, coincidindo do Día do Libro, estreamos un novo punto de troco de libros. Exemplares que están a disposición de todo o mundo para coller, levar e devolver ou cambiar por outros, de xeito libre e gratuíto.

Se queres saber máis, bótalle unha ollada a este vídeo ou contacta coas nosas bibliotecas:

Biblioteca Municipal da rúa San Xoán Bautista (09.00 a 20.30 h, de luns a venres):

Biblioteca Municipal Rego da Balsa (de 09.30 a 20.00 h, de luns a venres, e de 10.00 a 13.00, os sábados):

  • Teléfono: 981 75 85 80
  • Correo electrónico: biblioteca@carballo.gal

E se queres consultar o catálogo de material dispoñible, entra aquí: https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/

Relacionadas

COGAMI ofrece atención especializada ás mulleres con discapacidade

0
COGAMI dispón dun Servizo de Atención Especializada para Mulleres con Discapacidade co que busca abordar as diversas necesidades que presenta este grupo social, prestando especial...

Presentación das Festas de Santa Uxía 2024

0
Hoxe tivo lugar o acto de presentación das Festas da Patroa de Ribeira na que se personaron, o tenente de Alcalde, Vicente Mariño, o...

O Concello de Boqueixón inicia as obras de mellora dos accesos a Loureda, nos...

0
O Concello de Boqueixón vén de iniciar as obras de mellora dos accesos ao lugar de Loureda, nas que vai investir 68.906,12 euros. Uns...

O Servicio Municipal de Conciliación conta no verán con 124 usuarios

0
Durante o curso escolar volverá funcionar o servizo Madruga, ademais do de Canguraxe que se oferta durante todo o ano. O servizo municipal de conciliación...

A Xunta investiu máis de 2,6 millóns de euros na mellora da subministración de...

0
— As obras para incrementar a captación de auga do río Mandeo e optimizar a rede de abastecemento municipal benefician ás empresas da zona...

O PP de Culleredo solicita un pleno extraordinario para depurar responsabilidades pola irregular xestión...

0
∙ “É a nosa obrigación velar polo bo uso dos fondos públicos e polo cumprimento das leis, e está claro que este goberno cometeu...

Publicacións Relacionadas