HomeA CoruñaAs bicis encheron A Coruña este domingo no Día da Bicicleta, que...

As bicis encheron A Coruña este domingo no Día da Bicicleta, que volveu ás rúas 15 anos despois da última edición

- Anuncio -spot_img

O Goberno municipal promove a recuperación deste evento co obxectivo de captar usuarios/as para este medio de transporte sostible

A Coruña acolleu este domingo a celebración do Día da Bicicleta, un evento lúdico organizado pola Asociación Galega de Xornalistas do Deporte (Agaxorde) co apoio do Concello. O seu obxectivo foi promover o uso deste medio de transporte entre a cidadanía e inculcar nas persoas participantes nocións sobre seguridade viaria, ademais de asociar a imaxe da cidade como destino turístico sostible.

Nesta xornada participaron máis de 2.000 persoas, que levaron a cabo un percorrido de 12 quilómetros con saída e chegada no paseo do Parrote, percorrendo o paseo marítimo coruñés. No acto de saída estivo presente Noemí Díaz, concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, que sinalou que “o Goberno de Inés Rey aposta pola bicicleta como medio de transporte sostible e así se reflicte nas numerosas melloras nos carrís bicis e no servizo de BiciCoruña”. Por outra banda, Manuel Vázquez, concelleiro de Deportes, participou na clausura do acto, incidindo na “necesidade de inculcar hábitos de vida saudables á cidadanía e sumar persoas afeccionadas ao uso da bicicleta no día a día a través de eventos coma este”.

Ata o vindeiro domingo 29 continuará aberta á cidadanía a exposición ‘Historia do ciclismo na Coruña. 1889-2025’, unha mostra documental que percorre a historia da bicicleta na coruña, con documentos históricos desde os inicios do seu uso no século XIX. Esta mostra, en cuxa preparación se envorcou nos últimos meses Lois Novo, o comisario da mesma, descobre personaxes e feitos inéditos ata o de agora.

Publicacións Relacionadas