Cumpre Culleredo coa eliminación do plumacho?

Redacción

O contrato coa empresa que realiza os traballos de roza conta cun protocolo específico para evitar a proliferación dos plumachos, segundo informou no pasado pleno o goberno local.


Veciñanza de diversas zonas sosteñen que non se realizaron traballos específicos nas áreas invadidas polos plumachos.

Segundo anunciou a Concelleira delegada no pasado pleno cando se realizan traballos de corte da herba, realizase un illamento das esporas con plásticos e camións toldados, así como o arranque e carga de tarróns.

Alternativa esixiu ao goberno municipal as probas documentais que confirmen o cumprimento das medidas de contención trás as queixas recibidas.

Comparte este artigo