Éxito da actividade de formación en primeiros auxilios en Santa Cruz

Redacción

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Oleiros participou na xornada de onte nunha actividade formativa en materia de primeiros auxilios básicos, dirixida ás persoas participantes na Semana Cultural, organizada pola Asociación de Veciños Santaia, que se celebra do 17 ao 20 de agosto en Santa Cruz.


Durante a actividade, os voluntarios de Protección Civil colaboraron impartindo nocións básicas de actuación ante situacións de emerxencia, incidindo na importancia de saber realizar unha primeira intervención ata a chegada dos servizos sanitarios.

A actividade desenvolveuse en colaboración coa Asociación de Veciños de Santa Cruz, dentro da programación da súa 41ª edición da Semana Cultural.

Comparte este artigo