Educamos por igual a nenos e nenas no plano afectivo sexual? Envíamos os mesmos mensaxes a nenos e nenas ? Fomentamos una axeitada autoestima nas crianzas? Falamos de afectividade e sexualidade cas crianzas? Como podemos facelo?
A través desta charla perséguese que as familias interioricen que a sexualidade é unha dimensión das persoas que vai dende o nacemento ata a morte e que existe unha gran diversidade na forma de vivila e de expresala, así como nas formas de ser e de relacionarse. Así mesmo, destacarase a importancia do establecemento de vínculos sans, respectuosos e baseados no bo trato.
Se tes fillos ou fillas, de calquera idade, participa na Escola de familias pola educación en igualdade.