Home A Coruña Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame...

Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

- Anuncio -

O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas

A presentación correu a cargo de Esther Estévez, madriña desta iniciativa e coñecida comunicadora do “Digocho eu” da TVG

O certame trata de chegar a toda a poboación galega con dúas categorías, unha para adultos e outra para estudantes


O XII Certame de Microrrelatos Feiraco para celebrar o Día das Letras Galegas foi presentado esta mañá na librería compostelá Follas Novas. O obxectivo é contar coa maior participación posible da sociedade galega a través de dúas categorías, unha para adultos e outra para estudantes. Así o anunciaron o director xeral de CLUN, Juan Gallástegui; o secretario xeral da Lingua, Valentín García; a directora do departamento de Marketing e Comunicación de CLUN, Jessica Rey; Rafael Silva, fundador da Librería Follas Novas; e a comunicadora do coñecido programa de divulgación lingüística da galega “Digocho Eu”, Esther Estévez, como madriña desta iniciativa por segundo ano, durante un almorzo cos medios de comunicación na librería Follas Novas.

A empresa láctea FEIRACO, integrada na cooperativa rural galega CLUN,e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude buscan con a duodécima edición deste certame promover a lectura en galego á vez que o coñecemento, e o uso e a divulgación do idioma galego.Na anterior edición, que contou cunha boa participación, gañaron os colexios CEIP Nosa Señora das Dores, de A Coruña, e IES Urbano Lugrís, de Pontevedra.

Practica a “Leiteratura”

A directora de Marketing e Comunicación de CLUN, Jessica Rey, explica que “con este certame queremos reivindicar a lectura facendo un chamamento a practicar a Leiteratura. Xa que a lectura e o leite maridan moi ben, e aportan noso momento de desconexión diario que precisamos.Leiteratura é un momento para deixar as pantallas e dedicar á lectura. Recuperando ese espazo que os móbiles, ás veces sen darnos conta, rouban á lectura. Practicar a Leiteratura alimenta! Alimenta o corpo, grazas ó leite e alimenta a imaxinación, o coñecemento e a nosa mente, grazas á literatura.”

Juan Gallástegui, director xeral de CLUN, destaca que “o leite e a literatura son dous dos principais produtos de Galicia. A súa unión fala de pasado, presente e futuro. Fala dos galegos e galegas e do que somos quen de conquerir co esforzo de cada día. E que mellor día para celebrar este propósito que o Día das Letras Galegas”.

Pola súa banda, o secretario xeral da Lingua, Valentín García, salientou a novidade desta edición, que inclúe por primeira vez a participación do público adulto “pero sen deixar de lado á mocidade, na que radica o futuro da nosa lingua e á que alentamos sempre a soñar, crear e imaxinar na lingua propia ao igual que no seu día fixo Luísa Villalta”.

Dúas categorías

Aqueles que queiran participar neste certame e conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado a poetisa talentosa Luisa Villalta xa poden preparar os seus relatos. Estes deberán ser orixinais, estar escritos en galego, ter un máximo de 500 palabras e de temática libre, coa única condición de que a historia comece coa frase: “Púxenme a escoitar…”.

As persoas participantes na categoría de adultos(maiores de 18 anos) deberán subir os seus escritos en formato PDF á web https://leiteratura.feiraco.es/ do 23 de abril ao 18 de maio. No caso da categoría xuvenil (entre 12 e 18 anos), será o profesorado de cada centro educativo galego quen seleccionará o mellor relato presentado polo alumnado e o subirá entre o 8 de abril ao 18 de maio ao mesmo sitio web.

Un xurado conformado por persoal de FEIRACO e da Secretaría Xeral da Lingua seleccionará os tres relatos premiados de cada categoría de acordo a tres criterios: orixinalidade e creatividade da historia, coidada redacción e uso correcto da lingua galega. Todas as persoas premiadas levarán un lote de produtos FEIRACO. A maiores, o primeiro premio sumará un ano de libros en galego e un agasallo especial:unha vaca suxeitalibros de FEIRACO feita por un artesán galego en madeira de bidueiro; o segundo premio levará un ano de libros en galego; e o terceiro premio incluirá unha selección de libros de Luisa Villalta.

Relacionadas

Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers, empresas gañadoras da XXV edición dos Premios Manuel...

0
Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers foron as empresas seleccionadas polo xurado na XXV edición dos Premios Manuel Beiras que este ano se presentou...

A viaxe a Eurodisney da campaña comercial de novembro da Pobra xa ten gañadora

0
A campaña comercial de novembro na Pobra do Caramiñal chegou ao seu fin co sorteo da viaxe a Eurodisney na mañá deste 2 de...

A Xunta de Goberno Local inicia os procedementos para a contratación de obras por...

0
Adxudicado por 44.724 euros o contrato de reposición das butacas do auditorio do Pazo da Cultura A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión ordinaria...

O executivo municipal destinará case 380.000 euros á reparación da cuberta do pavillón municipal...

0
O executivo municipal deu luz verde á aprobación do expediente de contratación das obras de reparación da cuberta do pavillón municipal do CEIP Quiroga...

O Concello de Fene retira as copas de varias palmeiras afectadas pola praga do...

0
Os traballos, realizados polo persoal municipal, afectaron a exemplares situados en diversos puntos do concello, como San Valentín ou Chamoso O Concello de Fene continúa...

Brión acollerá unha exposición solidaria con dous artistas dos Encontros da Arte que perderon...

0
José Galarzo e María Carmen Martínez, que impartiron obradoiros de acuarela e cerámica á rapazada de Brión, perderon o seu estudo emprazado en Paiporta O...

Publicacións Relacionadas