Home A Coruña San Sadurniño volve manifestar o seu compromiso co dereito a ser e...

San Sadurniño volve manifestar o seu compromiso co dereito a ser e sentir en liberdade

- Anuncio -

O Concello de San Sadurniño volveu expresar esta mañá o seu apoio, ao tempo que reivindicación, á liberdade de ser… e de sentir e de amar como se queira. Por varios motivos, aínda que o principal sexa o de que eses son dereitos propios das persoas, nacidas libres e iguais, malia que nin todos os días nin en todos os lugares (tampouco no mal chamado “mundo occidental”) reciban o respecto que se presupón. É por isto que todos os 28 de xuño se alce a voz contra destoutra modalidade da inxustiza incomprensiva, discriminadora e incluso agresiva.

Con este sentir, no noso concello programáronse varios actos ao longo da xornada. O primeiro foi a lectura por parte da concelleira de Igualdade, Araceli Bellas, do manifesto apoiado polos tres grupos municipais (que reproducimos a continuación), acompañado do izado simbólico da bandeira do Arco da Vella, á que se lle engade unha grande faixa multicor colocada na terraza sur da Casa do Concello.

Porén, as citas máis relevantes resérvanse para pola tarde. Ás 19:00h a rapazada que participou nos últimos días nos obradoiros organizados en colaboración coa Asociación Cultural Brío -dirixidos por Paula Aneiros- pendurará varias follas multicor no magnolio dos xardíns municipais, convertido hoxe en grande “Árbore da Diversidade”.

Logo, sobre as 20:00h na pista multixogos, asistiremos a dúas exhibicións de hip-hop e danza estética con coreografías preparadas expresamente para esta data polos grupos da Asociación Cultural Brío e as súas mestras, Nerea Rodeiro e Sara Rodríguez.

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL CON MOTIVO DO 28 DE XUÑO, DÍA INTERNACIONAL DO ORGULLO, POLO RECOÑECEMENTO DOS DEREITOS DAS PERSOAS LGTBIQA+

Os dereitos humanos son o paraugas común que engloba a protección de todas e cada unha das persoas que habitan o planeta. Todos e cada un dos seres humanos nacemos libres e iguais en dignidade e dereito, sen distinción algunha. En nome do colectivo LGTBIQA+ debemos traballar para avanzarmos na conquista de dereitos efectivos, no plano formal e pero tamén na transformación social que permita vivir a diversidade desde unha actitude de respecto, liberdade e igualdade.

O 28 de xuño, rememora os feitos acontecidos no ano 1969 en Stonewal, no barrio de Greenwich Village, en Nova York. Estes feitos foron a orixe e foron considerados catalizador do movemento internacional polo recoñecemento das persoas LGTBIQA+, data que se ven conmemorando desde o ano 1970.

Unha vez máis a conmemoración desta data, ven lembrar a importancia de seguir traballando na construción de sociedades máis respectuosas, que convivan coa diversidade e pé de igualdade e promovan o respecto e cumprimento dos dereitos, en tantas ocasións vulnerados das persoas pertencentes ao colectivo.

O 28 de xuño é unha xornada que convida a continuar a mobilización en favor dunha sociedade que ser recoñeza como diversa, consciente da existencia de actitudes de odio e discriminación, que se desenvolva capaz de actuar responsablemente contra estas expresións, actuando na defensa dos dereitos humanos, avanzando nos valores de calidade democrática e defensa da diversidade como un valor de riqueza e valores.

Certo é, que se teñen producido avances importantes na conquista de dereitos, mais non debemos obviar que é importante continuar na senda de traballos para ampliar os dereitos recoñecidos, e contribuír a que a concienciación da sociedade acompañe o recoñecemento de dereitos formais. Non debemos obviar as actitudes de odio, os discursos que cuestionan os dereitos do colectivo LGTBIQA+, ou a existencia de accións violentas e agresións que fan unha chamada de atención sobre a necesidade de sensibilización e educación, xunto co urxencia dun discurso contundente en contra destas actitudes por parte das administracións públicas.

Debemos polo tanto perseverar e esforzarnos, facer un chamamento á denuncia de actitudes LGTBIQA+fóbicas, sexan do grao que sexan, dado que estas son condutas discriminatorias e violentas, contra as que, debemos, como axentes responsábeis, loitar e impulsar cantas accións sexan precisas para acadar cidades e pobos libres de violencias, para transformalos en lugares libres de violencias, e cheos de dereitos.

Desde as institucións debemos asegurar a igualdade efectiva de todas as persoas LGTBIQA+ e as súas familias, como elemento esencial para a convivencia, o respecto, o progreso, a democracia e o desenvolvemento social.

É a nosa obriga eliminar os discursos de odio, que desde fai tempo teñen eco na nosa sociedade, construíndo un muro de valores, que axude a concienciar á sociedade para que todas as persoas, sen importar a súa identidade de xénero ou orientación sexual, poida exercer, sen medo e con respecto, todos os dereitos que lles corresponden como cidadás e cidadáns de pleno dereito.

No mes de marzo do pasado ano, o Parlamento Europeo aprobou unha resolución no que se declara que a Unión Europea é un territorio de liberdade para as persoas do colectivo LGTBIQA+, no que non se vai tolerar a perigosa e discriminatoria retórica que impide que millóns de persoas poidan vivir libremente.

Somos as entidades locais, as institucións máis próximas á poboación, as principais garantes dunha acción local clara e contundente pola igualdade e a defensa da convivencia, con independencia de cantas causas existan de diversidade: raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

Polo tanto a corporación do Concello de San Sadurniño, expresa os seguintes compromisos:

O concello de San Sadurniño da continuidade ao seu firme compromiso na defensa da plena igualdade, a dignidade e libre desenvolvemento da identidade sexual ou de xénero.
O Concello de San Sadurniño expresa o seu compromiso para continuar cos traballos realizados desde a área de igualdade na promoción de actitudes políticas que favorezan a concienciación social para un efectivo cambio de mentalidade que erradique actitudes LGTBIQA+fóbicas e a expresar o seu rexeitamento fronte as mesmas.
O Concello de San Sadurniño quere amosar a súa solidariedade e apoio a todas as vítimas de agresións LGTBIQA+fóbicas, e de xeito moi especial facer unha lembranza ao asasinato homófobo en manda de Samuel Luíz, un acto brutal, inhumano, que expresa a peor faciana á que conducen os discursos de odio, do que se cumpre agora un ano.
O Concello de San Sadurniño quere facer un recoñecemento á labor de todas as persoas activistas e organizacións galegas, que levan traballando con intensidade desde hai máis de 40 anos na defensa dos dereitos e da igualdade efectiva de todas as persoas do colectivo LGTBIQA+.
O Concello de San Sadurniño expresa o seu compromiso de desenvolver as accións necesarias para implicar ao conxunto da poboación mediante os mecanismos ao seu alcance na defensa e desenvolvemento de valores democráticos e inclusivos na defensa dos dereitos e respecto ao conxunto de persoas do colectivo LGTBIQA+.

Relacionadas

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Aprobadas polo pleno as modificacións das ordenanzas reguladdoras do Programa de Conciliación Harmoniza

0
Mantéñense as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe...

Máis de cenlaracheses participaron na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o concello

0
Visitaron durante a xornada de onte os xardíns de Viloira, o malecón do río Sil, o Santuario das Ermidas e unha bodega de elaboración...

Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

0
O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas A presentación correu a...

Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa...

0
As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto...

Publicacións Relacionadas