Home A Coruña Galicia sumará o próximo curso 11 anos seguidos cos prezos medios de...

Galicia sumará o próximo curso 11 anos seguidos cos prezos medios de matrícula universitaria máis baixos de España

- Anuncio -

― O Consello Galego de Universidades informa favorablemente a conxelación dos prezos públicos por décimo primeiro ano consecutivo, consolidando a nosa Comunidade como a referencia

― O curso 2021/2022 comezará o día 6 de setembro nas tres universidades do SUG

― Autorízase a implantación de 12 titulacións no Sistema Universitario de Galicia e dáse luz verde á creación da nova Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, da Facultade de Turismo da UDC e do Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais da UVigo

― Apróbase á adscrición do Centro Superior de Hostalaría de Galicia á USC

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presidiu hoxe a reunión do Consello Galego de Universidades (CGU), que informou favorablemente a conxelación dos prezos públicos de matrícula do Sistema Universitario de Galicia (SUG) por décimo primeiro ano consecutivo. Deste xeito, Galicia volverá ter o próximo curso 2021/2022 os prezos medios máis baratos de España, consolidándose como unha referencia neste eido.

“A Xunta de Galicia –explicou o conselleiro– mantén a súa política de prezos asequibles para cursar estudos universitarios. Non só temos o prezo medio do crédito máis baixo de España, senón que ese prezo de primeira matrícula é o mesmo xa se trate de grao, máster habilitante ou calquera outro tipo de máster oficial”. “Esta é a política que, como manifestou o ministro Castells no Senado, é o exemplo a seguir no conxunto do Estado”, destacou.

A través deste decreto de prezos públicos fíxase tamén a data do inicio do curso 2021/2022 nas tres universidades do SUG para o día 6 de setembro. Tendo en conta que, unha vez estabilizada a pandemia, as probas extraordinarias da ABAU se realizarán os días 13, 14 e 15 de xullo, este alumnado poderá incorporarse ás clases para aproveitar o primeiro cuadrimestre na súa totalidade.

Especialización en Ferrol e novo centro de investigación en Vigo
Na reunión de hoxe deuse tamén luz verde á creación da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, o que supón un novo fito no Campus Industrial ferrolán, o único en toda España con especialización acreditada.

A creación desta Escola é unha das principais liñas de actuación do Plan Estratéxico do Campus de Ferrol 2021-2023, e supón a integración nun único centro da Escola Politécnica Superior da Universidade da Coruña (EPS), situada en Esteiro, e a Escola Universitaria Politécnica da Universidade da Coruña (EUP), situada en Serantes.

A integración xustifícase na mellora en aspectos relacionados coa posibilidade de crear sinerxías entre as titulacións impartidas actualmente nas dúas escolas e acadar unha maior atracción de talento, tanto de estudantado Erasmus como de alumnado de posgrao e de investigadores e docentes. Así mesmo, procúrase unha maior accesibilidade do estudantado e proximidade co resto de servizos que ofrece a universidade no campus de Esteiro así como a potenciación da súa visibilidade e presenza na cidade, recoñecendo cada vez máis a vinculación da enxeñaría coa industria intelixente.
Así mesmo, o pleno do Consello Galego de Universidades informou favorablemente a creación do Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais (CINTECX) da Universidade de Vigo, unha vez acreditada a súa excelencia científica.

Nova Facultade de Turismo
O pleno do CGU deulle tamén o visto e prace á creación da nova Facultade de Turismo da Universidade da Coruña, que vén de completar o proceso de desadscrición da escola universitaria de Turismo (Centro Español de Nuevas Profesiones (CENP) para impartir o grao de Turismo nun centro propio.
Como primeiro paso, e para que a UDC puidera impartir o grao no curso 2020/2021, autorizouse a súa oferta na Facultade de Filoloxía da UDC. Porén, a creación desta nova facultade específica permite unha visibilidade das titulacións, o que repercutirá nunha maior inserción laboral dos egresados. Tamén se adscribirán á nova facultade os títulos de Máster Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos, que actualmente se imparte na Facultade de Socioloxía, e o Programa de Simultaneidade entre o Grao de Turismo e o Grao en Ciencias Empresariais, que se imparte dende a Facultade de Economía e Empresa, que pasarán a ser responsabilidade do novo centro.

Adscrición do CSHG

A adscrición do Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG) á Universidade de Santiago de Compostela será unha realidade a partir do curso que vén ao abeiro do aprobado na reunión desta mañá. Na actualidade este centro está vinculado á USC mediante convenio asinado o 15 de setembro de 1995, polo que se recoñece ao CSHG como centro vinculado a esa universidade e imparte o título de Diploma Superior en Xestión Hoteleira como título propio da USC. Logo de analizar o expediente remitido pola Universidade de Santiago, unha vez que conta co informe favorable da ACSUG, emitido o 16 de abril de 2021, deuse luz verde a esta adscrición.

Os estudos que se imparten actualmente no CSHG constitúen a única oferta de estudos superiores no sector da hostalaría en Galicia e desde a USC valórase positivamente o proceso de formación de profesionais neste campo, cubrindo a deficiencia na oferta formativa da Comunidade Autónoma de Galicia que non contempla na actualidade ningún título universitario oficial neste eido.

Titulacións a implantar
Ademais, someteuse a informe do CGU a autorización de implantación de 12 titulacións nas universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o curso 2021/2022. En concreto, deuse luz verde á impartición de tres graos, 11 másteres e tres programas de doutoramento.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas