Home Vigo Nigrán O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o espectáculo simbiose de pintura e poesía ‘O ser e o nervio’

- Anuncio -

A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato

O Concello de Nigrán ofrece este domingo 28 de abril a partir das 12:30 horas no muíño de Porto do Molle o espectáculo ‘O ser e o nervio’. Este traballo de Ramón e Branca Trigo explora a memoria, o tránsito e a potencialidade da ruína mediante o recitado, a música e a creación en vivo dun cadro de gran formato. A entrada é de balde ata completar o aforo.

Branca Trigo codirixe a editorial de poesía Malafera e organiza xunto con outres poetas o micro aberto Cerimonia de gaivotas. Publicou os libros Coñecemento do Medo (2021) e Condolore (2022) ademais de participar en diversos volumes colectivos.

Ramón Trigo é un pintor, escultor, autor de cómic e ilustrador. A súa obra foi exposta en Galicia, e distintas cidades de España, Portugal, Bélxica, Holanda, Lituania, Alemaña, Italia e Nixeria. Como ilustrador publicou numerosos libros e recibiu premios coma o Isaac Díaz Pardo e o Premio Nacional Lazarillo por Leviatán; o Premio Ciudad de Alicante por Casa vacía ou o Premio Cabildo Gran Canaria por Yo vivía en el fin del mundo.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas