Home A Coruña Gonzalo Castro reivindica a figura integradora de Castelao no seu 75 cabodano

Gonzalo Castro reivindica a figura integradora de Castelao no seu 75 cabodano

- Anuncio -

O concelleiro de Cultura e Turismo participou nos actos organizados na Coruña para honrar a súa figura

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, participou esta tarde nos actos celebrados na Coruña para conmemorar o 75 cabodano de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, organizados conxuntamente pola Real Academia Galega de Belas Artes, a Fundación Castelao, a Xunta de Galicia e o Concello da Coruña. Na ofrenda, ademais de Castro, tamén participaron Miguel Anxo Seixas Seoane, presidente da Fundación Castelao, Manuel Quintana Martelo, presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Ricardo Cao, reitor da UDC e José López Campos, conselleiro de Cultura e Lingua.

“Castelao está máis vixente que nunca, pois está vivo en todos aqueles que defendemos a loita contra as inxustizas, a igualdade, a xustiza social e a convivencia entre os pobos”, sinalou Gonzalo Castro. Tras a ofrenda floral no busto dedicado a Castelao nos xardíns de Méndez Núñez, celebrouse tamén un roteiro guiado baixo o título ‘Memoria de Castelao na Coruña’.

Para finalizar a xornada, celebrouse a conferencia ‘Castelao: beleza e verdade’, impartida por Miguel Anxo Seixas Seoane na sede da Real Academia Galega de Belas Artes. “Hoxe é máis necesario que nunca reivindicar o pensamento político dunha persoa adiantada ao seu tempo, que desde unha visión cosmopolita e moderna buscou a integración na sociedade de todas as persoas”, engadiu Castro.

Relacionadas

Case mil nenos e nenas na proba de campo a través escolar

0
A partir das 10.30 h - Polígono de Bértoa O Concello de Carballo organiza unha proba deportiva escolar de campo a través con participación de...

Betanzos e Vilalba incorporanse ao Eixo Atlántico na XXXIII Asemblea Xeral

0
A XXXIII Asemblea Xeral do Eixo Atlántico, celebrada esta mañá en Viana do Castelo, aprobou a adhesión de dous novos municipios á entidade: Betanzos...

Inés Rey sitúa a Intermodal como exemplo da transformación urbana da Coruña

0
A alcaldesa abriu o Foro Urbano celebrado no Centro Cívico de Os Mallos, onde veciños e veciñas puideron coñecer e achegar novos proxectos para...

O alcalde logra que o Goberno central se comprometa a actuar na pasarela do...

0
O alcalde, Ángel García Seoane, e o concelleiro de Obras e Medio Ambiente, Antonio Molinos, reuníronse esta tarde en Madrid co Secretario de Estado...

Once centros de estudos superiores participarán o 25 de febreiro na I Feira das...

0
Ademais dos centros de secundaria, que xa teñen visitas concertadas, a iniciativa está aberta ás familias Once centros de estudos superiores participarán na I Feira...

O PP de Culleredo organiza unha charla para informar sobre as axudas da Xunta...

0
∙ O evento terá lugar o 20 de febreiro no edificio de Servizos Múltiples do Burgo. ∙ Os asistentes poderán resolver todas as dúbidas que...

Publicacións Relacionadas