HomeA CoruñaGran éxito de asistencia na charla sobre vivenda organizada polo PP de...

Gran éxito de asistencia na charla sobre vivenda organizada polo PP de Culleredo

- Anuncio -spot_img

∙ Izaskun García destaca o compromiso do PP para “impulsar un PXOM xusto que ofreza solucións habitacionales para os mozos de Culleredo”. ∙ Os asistentes puideron expor preguntas e suxestións sobre as políticas de vivenda nun ambiente aberto e participativo.

O acceso á vivenda segue sendo un dos principais problemas para a mocidade en Galicia e, en especial, no municipio de Culleredo. Así se puxo de manifesto hoxe coa gran afluencia de público á charla informativa organizada polo PP de Culleredo no Burgo e no que interviñeron a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue e a portavoz popular, Izaskun García.

Abriu ao acto a líder dos populares de Culleredo, destacando que “ao non dispoñer de chan público no noso concello, non se constrúen vivendas protexidas. As poucas iniciativas que hai son privadas e o prezo está disparado. Necesitamos aprobar o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para dar solución a este grave problema e dispoñer en Culleredo de vivenda a prezo alcanzable”, sinalou García.
A continuación, a titular de Vivenda, María Allegue, explicou en detalle as iniciativas que o Goberno galego ha posto en marcha para facilitar o acceso á vivenda. “Desde a Xunta apostamos pola promoción de vivenda pública cun plan para duplicar o parque público de vivenda durante a actual lexislatura, un plan sólido e ambicioso dirixido a garantir que todos os galegos poidan acceder a vivendas en condicións dignas e accesibles”, asegurou Allegue.
“Hai varias iniciativas fundamentais para promover que os mozos poidan acceder a unha primeira vivenda. Entre elas cabe destacar o Aval Xove, que cobre o 20% do custo da vivenda para poder acceder ao 100% da hipoteca. Unha medida que, sen dúbida, animará a moitos galegos e galegas a independizarse sen que iso supoña un esforzo económico inasumible”, recalcou a conselleira.
Respecto a as axudas ao alugueiro, Martínez Allegue tamén explicou, entre outras, o Bono Alugueiro Mocidade, cuxa convocatoria sae precisamente hoxe no DOG, e que ofrecerá axudas mensuais de 250 euros para mozos de menos de 36 anos con ingresos inferiores a 25.200€.

Finalmente, tanto a portavoz popular de Culleredo como a conselleira abriron unha quenda de preguntas para que os asistentes puidesen compartir as súas inquietudes, dúbidas ou suxestións sobre as políticas de vivenda.

Publicacións Relacionadas