Home A Coruña José Luís Pérez Añón deixa a Alcaldía de Laxe por motivos de...

José Luís Pérez Añón deixa a Alcaldía de Laxe por motivos de saúde

- Anuncio -

• Trátase dunha medida tomada tras unha profunda reflexión e que será “a correcta tanto para o meu benestar como para o do Concello”, indica no comunicado presentado este mércores

• O rexedor comezou o seu primeiro mandato no ano 2019, cunha ampla maioría absoluta que reeditou nos pasados comicios


O alcalde de Laxe, José Luís Pérez Añón, anuncia que deixa a Alcaldía e o seu cargo de concelleiro por motivos específicos de saúde e consello médico.

Nun escrito presentado este mércores, 21 de febreiro, Pérez Añón deu a coñecer a súa decisión, un paso que define como moi difícil polo “valor incalculable” que ten o traballo diario e as “inquietudes profesionais” que xorden ao fronte do Concello. Con todo, trátase dunha medida tomada tras unha profunda reflexión e que será “a correcta tanto para o meu benestar como para o do Concello de Laxe”, indica.

Pérez Añón foi electo nas dúas últimas eleccións municipais para presidir a Alcaldía, o que lle permitiu, tal e como asegura no comunicado, “aportar o meu modesto esforzo para favorecer a convivencia e o desenvolvemento deste Concello”. Aproveitou a ocasión, ademais, para agradecer á veciñanza pola “confianza” depositada no seu traballo nestes últimos anos.

O rexedor comezou o seu primeiro mandato no ano 2019, cunha ampla maioría absoluta que reeditou nos pasados comicios electorais, confirmando a confianza da veciñanza no seu proxecto.

Sinala que foi “un pracer e orgullo” representar a Laxe e agradece o traballo e o mérito de cada un dos compañeiros e compañeiras de goberno, así como ao resto de integrantes da súa candidatura, “que se mantiveron en todo momento ao meu lado, sempre coa mellor das disposicións para cooperar e traballar no proxecto político que entre todos levamos a cabo”. Estendeu os agradecementos a “todos os traballadores municipais” polo seu esforzo e empeño, así como pola súa capacidade “para traballar en equipo”.

Durante estes case 5 anos como Alcalde, segundo indicou, “centreime en mellorar o día a día da nosa veciñanza a través de servizos públicos de calidade e infraestruturas que melloraran o día a día das persoas”.

Pérez Añón finaliza así a súa etapa á fronte do Concello de Laxe e afirma que deixa o cargo para poder “dedicarlle máis tempo á familia e a todos os meus seres queridos no día a día”.

Relacionadas

Diego Calvo asistiu esta mañá ao encontro entre o Intasa San Sadurniño e o...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta mañá ao encontro...

A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á...

0
— A nova aplicación, dispoñible para os dispositivos de Android e Apple, elimina a necesidade de utilizar o cartón, ter saldo e recargar — Estará...

Quérote-Fest, o xoves 2 de maio no Parque da Lagoa de Mera

0
O Parque da Lagoa de Mera acollerá o xoves 2 de maio o programa Quérote-Fest, no que actuarán unha selección dos mellores artistas e...

Empresariado da Pobra interesouse polos servizos de dixitalización que ofrece o Concello a través...

0
A cooperativa Kracia presentou ante empresariado da Pobra os servizos de balde para a transformación dixital aos cales pode optar: redes sociais, publicidade, creatividade...

“Neda a petiscos” bota a andar esta fin de semana coas cinco primeiras degustacións...

0
O Concello subministrará aos establecementos de hostalería participantes os produtos que servirán gratis coas consumicións Mañá sábado arranca “Neda a petiscos”, a campaña promovida polo...

O Muíño de Fonte da Balsa recuperase para os veciños grazas a unha iniciativa...

0
∙ Os populares esperan que a reparación teña lugar “canto antes, para que todos podamos volver gozar desta contorna de gran valor natural e...

Publicacións Relacionadas