Home A Coruña Laxe obtén a cesión temporal dun tractor con rozadoira por parte da...

Laxe obtén a cesión temporal dun tractor con rozadoira por parte da Consellería de Medio Rural

- Anuncio -

• O novo equipamento permitirá reforzar os traballos de desbroce de estradas, pistas e camiños no municipio

O Concello de Laxe vén de recibir por parte da Consellería de Medio Rural a cesión temporal dun novo tractor con rozadoira para levar a cabo traballos de limpeza nas vías municipais.

O tractor servirá para a realización de labores de roza e mantemento de estradas, pistas e camiños rurais no municipio. Durante un período de seis meses, o Concello contará con este equipamento para o coidado e limpeza da maleza nestas vías, contribuíndo, ademais, á prevención de incendios forestais de cara á tempada estival.

O alcalde, Francisco Charlín, asinou o documento de cesión temporal e agradeceu a cesión desta maquinaria “que será de gran axuda á hora de continuar cos traballos de limpeza no noso rural e manter, así, limpos os nosos camiños, pistas e estradas de maneira moito máis eficaz”.

Co verán ás portas, destacou, “é especialmente importante manter todas estas vías libres de maleza e coidadas para prever incendios ou que, de habelos, sexa máis fácil controlalos”.

Relacionadas

O Concello de Ribeira solicita a Salvamento Marítimo unha escala do buque Heroínas de...

0
Salvamento Marítimo incorporará á súa flota en próximas datas un novo buque co nome Heroínas de Sálvora. Trátase dun remolcador de altura, especializado no...

O Concello de Neda iluminarase de lila este domingo con motivo do Día da...

0
A fachada da Casa consistorial de Neda tinguirase de lila este domingo, 12 de maio, Día Internacional da Fibromialxia e a fatiga crónica. Unha...

Novos obradoiros na Aula Cemit de Ribeira

0
O segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta e o concelleiro Fernando Abraldes presentaron os novos cursos que se desenvovlerán na Aula Cemit durante os...

III Torneo Terra Batida A Devesa

0
Os concelleiros de Xabier Vidal e Fernando Abraldes presentaron hoxe xunto a Juan Fernández e Juan Francisco o II Torneo de Terra Batida A...

O xenocidio en Gaza centra a oitava edición do  encontro internacional Acampa pola Paz 

0
O concelleiro Gonzalo Castro presentou a programación, que se  desenvolverá entre o 7 e 9 de xuño nos xardíns de Méndez Núñez  O concelleiro da...

O Concello organiza actividades de concienciación contra as violencias LGTBIfóbicas nos centros escolares

0
Entendendo a prevención e concienciación de base sobre as violencias LGTBIfóbicas e a educación en igualdade e diversidade desde idades temperás como pilar fundamental...

Publicacións Relacionadas