Free Porn
xbporn
Home A Coruña Luns 27 de maio, día de doar vida en San Sadurniño

Luns 27 de maio, día de doar vida en San Sadurniño

- Anuncio -

Doar sangue é un xesto de solidariedade e altruísmo que pode salvar vidas. O lema “doar sangue é doar vida”, utilizado pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia (ADOS), destaca a relevancia desta acción, vital para o funcionamento do sistema sanitario. E é que, malia os avances médicos, o sangue e os seus compoñentes non se poden fabricar, e todos os días precisan ser utilizados en operacións cirúrxicas, urxencias e tratamentos. En Galicia, o SERGAS dispón de centros de doazón nas sete principais cidades e, ademais, conta cunha flota de dez autobuses que percorren a comunidade para facilitar a doazón. Unha delas situarase na praza do antigo Concello o próximo luns, 27 de maio, en horario de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 21:00h. Non perdas a oportunidade de achegarte e doar.

Aínda que teñamos a mellor intención, para poder dá-lo noso sangue debemos cumprir unha serie de requisitos básicos, que son o de ter unha saúde normal, pesar máis de 50 quilos e andar nunha idade comprendida entre 18 e 65 anos.

A maiores destes tamén hai outros máis específicos, como o de non ter padecido hepatite ou convivir con pacientes que a tivesen nos últimos seis meses, non ter pasado enfermidades infecciosas con febre e/ou tratadas con antibióticos nos últimos quince días, non residir nos seis meses anteriores en zonas endémicas de paludismo e non estar embarazada nin ter dado a luz nos últimos nove meses. Tamén é fundamental informarse sobre a SIDA e te-la seguridade de non pertencer a ningún grupo de risco.

Os homes poden doar ata 4 veces ao ano e as mulleres ata 3, deixando pasar un mínimo de 2 meses entre doazóns. Facelo é un acto seguro e sinxelo, posto que a Axencia de Doazón de Sangue e Órganos de Galicia aplica un rigoroso procedemento de control que garante a seguridade dos compoñentes sanguíneos antes da súa incorporación aos bancos hospitalarios. O sistema sanitario galego precisa unha media diaria de 400 doazóns para atender arredor 500 intervencións cirúrxicas, aproximadamente 2.700 urxencias e uns tres transplantes de órganos ou tecidos.

A próxima oportunidade que teremos en San Sadurniño para sumarnos á cadea solidaria da doazón será o vindeiro luns, 27 de maio, en horario de 10 a 14:00h e de 16 a 21:00h na praza do antigo Concello (diante da Garda Civil), lugar onde estaciona habitualmente o autobús da ADOS. Ademais de cumprir os requisitos xerais para poder doar, tamén é imprescindible agardar ata dúas horas despois de xantar e, obrigatoriamente, levar o DNI.

Para solventar dúbidas sobre a doazón ou ben consultar calquera cuestión ao respecto, podemos preguntarlle directamente ao persoal da unidade móbil, chamar ao 900 100 828 ou visitar a web da ADOS.

Relacionadas

Este venres, noite de morcegos en San Sadurniño

0
A Asociación Morcegos de Galicia é un colectivo comprometido co labor divulgativo e a conservación destes pequenos mamíferos voadores tan importantes para o ecosistema....

Medio cento de deportistas de primeiro nivel participan esta fin de semana no Campionato...

0
A alcaldesa, Inés Rey, presentou a programación completa da competición, que contará tamén con zona gastronómica, concertos, charlas e área comercial A alcaldesa da Coruña,...

Neda prepara para o 26 de outubro unha nova edición da exitosa “Senda das...

0
O Concello abrirá a próxima semana a inscrición no itinerario de samaín, no que terán prioridade os veciños e as veciñas do municipio Neda última...

O Concello de Boqueixón inviste case 40.000 € nunha nova rozadora con cargo ao...

0
O Concello de Boqueixón vén de incrementar o seu parque municipal de maquinaria coa incorporación dunha nova rozadora lateral, valorada en 39.325 euros. Uns...

A alcaldesa da Coruña recibe a Joan Ibáñez Ferrer, próximo director do aeroporto de...

0
Xunto con Jesús Campo Hortas, director ata o 1 de novembro, puxeron en común os retos e plans de futuro para o aeródromo coruñés A...

Volven as andainas ‘A Coruña das letras’ este outono co músico e escritor Xurxo...

0
Realizaranse tres rutas guiadas por Monelos, San Roque de Fóra e Labañou e a agra e o cemiterio de Santo Amaro O Concello da Coruña...

Publicacións Relacionadas