Home A Coruña Máis de 1.200 fotógrafos e fotógrafas participaron nas 26 edicións do Certame...

Máis de 1.200 fotógrafos e fotógrafas participaron nas 26 edicións do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

- Anuncio -

Entregados a Mónica Vila Ferreirós, Antonio Gutiérrez Pereira, José Manuel Pérez Pena e Mª Goretty Vázquez Rodríguez os premios da edición 26ª28/04/2024.  Mónica Vila Ferreirós, Antonio Gutiérrez Pereira, José Manuel Pérez Pena e Mª Goretty Vázquez Rodríguez súmanse aos máis de 1.200 fotógrafos e fotógrafas que participaron no Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís ao longo das súas 26 edicións. As súas obras foron as galardoadas este ano, polo que pasan a formar parte dunha colección integrada xa por 109 fotografías de temas, estilos e autorías moi diversos.

O xurado desta 26ª edición tivo a responsabilidade e a dificultade de escoller entre 134 obras de 59 fotógrafos e fotógrafas de toda España, aínda que, casualmente, as/os catro premiadas/os son galegas e galegos. Pero ao longo da historia do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís levamos recibido un total de 3.500 obras, e todas e cada unha delas constitúen unha homenaxe a Xosé Manuel Eirís, que foi animador cultural do Concello de Carballo, un destacado músico e gran afeccionado á fotografía.

Nunha data tan simbólica como o 25 de abril, co convite do alcalde a “abrir a ventá para que a lembranza de Xosé Manuel penetre nos nosos fogares”, o propio Evencio Ferrero; o presidente da Fundación Luis Calvo Sanz, Luciano Calvo; Mónica Liñares, de Interfilm Carballo, e Feliciano Eirís, en representación da familia do homenaxeado, entregaron os premios nun acto ben fermoso e emotivo, do que podedes ver un resumo neste vídeo.

Relacionadas

A Coruña acolle unha nova edición de Karate 1-Youth League, con máis de 3.000...

0
Gonzalo Castro, concelleiro de Fomento e Promoción da Cidade, presentou esta proba internacional que se realizará do 16 ao 19 de maio no Palacio...

San Sadurniño sortea a composición das mesas electorais das Europeas

0
No pleno extraordinario celebrado este mediodía tamén se aprobou por unanimidade a modificación orzamentaria para acomodar a rehabilitación da galería do pazo O domingo 9...

Accidente na DP-0810 fronte a Villa Julia

0
Esta tarde rexistrouse un accidente de tráfico na estrada DP-0810 ao seu paso por Bergondo, no punto negro de tráfico fronte a Villa Julia....

Éxito na celebración do XXXVI Día da Muiñeira de Arteixo que organizou Xiradela

0
· Unhas 600 persoas entre participantes e público se deron cita na tarde de onte, domingo 12 no Paseo do Balneario de Arteixo. · Achegáronse...

O TSXG confirma a validez do Decreto do Consorcio Provincial co que foi aprobada...

0
· A apelación do Sindicato Independente de Bombeiros de Galicia foi desestimada, do mesmo xeito que o recurso contencioso – administrativo, outorgándolle validez á...

O Concello licita por 32.000 euros o servizo de limpeza de praias durante o...

0
· A empresa adxudicataria traballará durante a temporada estival en 16 areais do municipio e nos accesos aos mesmos. · Entre as tarefas a realizar...

Publicacións Relacionadas