Múltiples actividades infantís no outono co programa Apego
Volve a programación do programa Apego cargada de actividades infantís para as familias: obradoiros, teatro, concertos… para gozar dun outono cheo de emocións. A primeira actividade será un obradoiro de olería nas Torres de Santa Cruz o día 25 de setembro, para crianzas de 1 a 3 anos -unha sesión ás 16.00 h e outra ás 17.00 h-.
A inscrición neste obradoiro poderá realizarse desde o 21 de setembro a partir das 10.00 horas (terán preferencia as familias inscritas en Apego os dous primeiros días de inscrición): https://www.oleiros.org/actividades-infant%C3%ADs/-/asset_publisher/aiWOuwpiK6gz/content/id/2784720

