O 10º Repsol EcoRallye A Coruña chegará ata o “fin do mundo” pasando por 35 concellos galegos

Redacción

– Serán 33 municipios da provincia da Coruña e 2 en Lugo.

– A proba segue estendéndose pola provincia de Lugo, atravesando este ano os municipios de Muras e Xermade.

– Esta 10ª edición realizará paradas de reagrupamiento e neutralización en Vimianzo, Fisterra, Coristanco e As Pontes.

O 10º Repsol EcoRallye A Coruña percorrerá 586,997 quilómetros a través de 33 municipios da provincia da Coruña e 2 da de Lugo, levando a competición sostible desde a área metropolitana ata o emblemático cabo de Fisterra. Un total de 425,507 quilómetros —o 72,49% do trazado global— serán cronometrados e puntuables repartidos en 14 tramos de regularidade.

A competición arrincará o venres cun trazado orientado cara á Costa da Morte, territorio nunca antes visitado pola proba, completando paradas de reagrupamiento e neutralización en Vimianzo, Fisterra —en pleno “fin do mundo”, parando preto do mítico faro— e Coristanco. O sábado, a proba poñerá rumbo ao norte e interior da comunidade, fixando o seu punto neurálxico no municipio das Pontes.

En total, a caravana de vehículos alternativos atravesará un territorio que abarca o 7.950 km² e 1,12 millóns de habitantes da Coruña, así como o 9.856 km² e 325.000 habitantes da provincia de Lugo.

Esta cita do calendario nacional serve como escaparate da mobilidade limpa. A diferenza dos rallys de velocidade tradicionais, no EcoRallye prémiase o consumo eficiente e a precisión: os equipos deben manter medias de velocidade axustadas ao tráfico rodado regular mentres xestionan o uso enerxético dos seus vehículos (100% eléctricos ou híbridos), optimizando cada quilowatt ou gota de combustible ao longo do roteiro.

Listaxe de municipios do percorrido

Provincia da Coruña (33 concellos):
A Capela, A Coruña, A Laracha, Aranga, Arteixo, As Pontes, As Somozas, Bergondo, Betanzos, Cabana de Bergantiños, Cambre, Carballo, Cee, Coirós, Corcubión, Coristanco, Culleredo, Dumbría, Fisterra, Irixoa, Malpica, Mazaricos, Miño, Monfero, Muxía, Oleiros, Paderne, Ponteceso, Sada, Santa Comba, Vilarmaior, Vimianzo e Zas.

Provincia de Lugo (2 concellos):
Muras e Xermade.

Comparte este artigo