Home A Coruña O BNG de Oleiros presentará unha moción no vindeiro pleno instando a...

O BNG de Oleiros presentará unha moción no vindeiro pleno instando a implantación dun Protocolo de actuación contra a violencia sexual machista no lecer nocturno e en eventos multitudinarios no concello de Oleiros

- Anuncio -

O Protocolo ten que proporcionar unha atención prioritaria á persoa agredida; un procedemento estandarizado para actuar en caso de agresión

O Protocolo incluirá a necesaria formación do persoal do lecer nocturno e a coordinación co SERGAS e coas forzas e corpos de seguridade

Dacordo co Informe sobre sexualidade das mulleres novas publicado polo Instituto das Mulleres en xuño pasado, o 60,7 por cento das mulleres entre 18 e 25 anos declara ter padecido medo de que alguén puider ter exercido algún tipo de violencia sexual sobre elas nos espazos públicos, e até un 41,6 por cento sentiu temor en lugares de lecer nocturno.

Presuntas agresións sexuais producidas nos últimos tempos acreditan que a implantación de Protocolos que establecen a actuación inmediata e estandar¡zada en espazos de lecer nocturno ou aglomeracións sociais, posibilitan a atención e protección inmediata das vítimas e a recabación do maior número de evidencias posíbeis de cara o ulterior proceso policial e penal. O Protocolo debe fixar e atender esta dupla vertente de protección integral á vítima e comportamento do persoal do local de cara identificación do presunto agresor e evidenciar o acontecido. A protección integral á vítima incluirá a necesaria colaboración co SERGAS de cara a paliar as consecuencias físicas e psicolóxicas da agresión así como a garantir unha total identificación e conservación dos indicios da agresión.

O BNG instará ao Goberno Local a través dunha moción que se presentará no pleno do mes de febreiro, a aprobar a elaboración e posta en marcha dunha campaña que implique aos locais de lecer nocturno e que inclúa un protocolo de prevención e actuación perante calquera agresión machista, incluíndo a inprescindíbel formación e concienciación de todo o persoal que traballa nestes locais. A formación deberíase facer extensiva aos membros da Policía local. Instará igualmente a que aprobe a financiación correspondente e a que se realice con cargo aos Fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Instarase de igual xeito ao Concello de Oleiros a que en cada festa ou celebración multitudinarias haxa máis dun lugar de atención, información e axuda fronte ás agresións machistas, situados en diferentes ubicacións. Alén de contar con profesionais formados para o acompañamento e asesoramento ante este tipo de agresións.

Con esta moción a formación nacionalista trata de colocar ao Concello de Oleiros á cabeza da loita contra as violencias machistas, porén tamén é necesaria a implicación absoluta da Xunta da Galiza provendo os fondos necesarios para este tipo de medidas e implantando un Plano Integral a nível nacional para facer fronte á violencia machista en lugares de lecer nocturno.

Relacionadas

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Aprobadas polo pleno as modificacións das ordenanzas reguladdoras do Programa de Conciliación Harmoniza

0
Mantéñense as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe...

Máis de cenlaracheses participaron na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o concello

0
Visitaron durante a xornada de onte os xardíns de Viloira, o malecón do río Sil, o Santuario das Ermidas e unha bodega de elaboración...

Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

0
O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas A presentación correu a...

Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa...

0
As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto...

Publicacións Relacionadas