No pleno do pasado mércores, 16 de de setembro, o alcalde veuse na obrigar de recoñecer que as obras do aparcadoiro da Igrexa de Cores están sen rematar, cousa que negara rotundamente só unha semana antes nos micrófonos de Radio Voz ante a pregunta da concelleira Fátima Rodríguez Gonzálvez. Tal como a concelleira afirmou na radio, a obra está pendente de que se prante unha pantalla vexetal no peche frontal do aparcadoiro, e non só iso, se non que o alcalde admitiu que na zona traseira do aparcamento aínda falla recheo por facer que, conforme as súas verbas,” farase cando o acorde co contratista”.
Estas obras, tiñan unha duración prevista de 2 meses e deron comezo en decembro de 2024 sen que a día de hoxe estea prevista a súa finalización. “O alcalde está executando as obras por “fascículos” para non rematar ata as eleccións, el e a súa estratexia electoralista son os únicos responsabeis dos atrasos na finalización das obras” sostén a concelleira do BNG.
Así mesmo a concelleira tentou aclarar se o alcalde segue a soster que exista algunha denuncia responsábel deste retrasos, por toda resposta o que se descubriu é que o alcalde descoñece a diferencia entre “interpoñer unha denuncia” e “presentar alegacións”, “é importante ser rigoroso no uso dos térmos correctos, e vostede pode parar os bulos a este respecto, se realmente quere seguir defendendo que está aquí para acadar a paz que non había no anterior mandato” espetou a concelleira ao alcalde no pleno.
Así mesmo, ante a mirada atónita do resto da corporación, a concelleira amosou discos horarios para uso nos estacionamentos con limitación horaria impresos coa imaxe corporativa do Concello de Ponteceso, “estes discos estaban xa no despacho do alcalde hai máis dun ano, cando se implantou o primeiro treito de zona azul na Avenida Eduardo Pondal” e proseguiu preguntando se os pensaba entregar aos veciños en campaña electoral.
Ao respecto do servizo de madrugadores na escola de Corme, a concelleira considerou que se realmente existise un compromiso real, o servizo xa estaría ofertado desde o curso pasado (despois da boa primeira experiencia na escola de Potneceso) e non se estaría falando agora disto, a maiores “o goberno municipal aplica o mesmo sistema de baleirar o rural que a Xunta esixindo o mesmo número de crianzas en Corme que en Ponteceso para poder dar este servizo”, para o concelleira do BNG as prioridades do goberno municipal quedan claras preferiu adiantar a amortización da débeda cos bancos anticipadamente e non adiantar o servizo de madrugadores en Corme.
“Todo isto, ao noso parecer, forma parte dunha desacarada estratexia electoralista pagada con cartos públicos e afastada das necesidades reais da veciñanza de Ponteceso. Desde o BNG seguiremos a facer labores de fiscalización do goberno a prol dos intereses da veciñanza”.

