O BNG propón a merca polo Concello de terreos no entorno do Rego das Xesteiras

Redacción

– A parcela, de 12.000 m2, foi recentemente talada e linda co conxunto de muíños do Rego das Xesteiras.

– A súa compra permitiría repoboar con especies autóctonas, mellorando os valores naturais da contorna.

– O Concello debe contactar coas persoas propietarias e realizar unha avaliación polos servizos técnicos municipais.


O BNG de Culleredo proporá no Pleno Municipal deste martes que o Concello merque a parcela de 12.000 m2, lindante co Rego das Xesteiras, onde se realizou recentemente unha corta de especies arbóreas.

A finalidade da compra da parcela é o de reforzar a protección dun entorno de especial interese tanto natural como etnográfico, xa que alberga un conxunto de muíños único en Culleredo e na nosa contorna.

Permitiría facer unha repoboación con especies autóctonas, mellorando os valores naturais da zona e reforzando o seu atractivo para o desfrute nun entorno natural.

Para o voceiro nacionalista, Tono Chouciño, “o Concello debe contactar coas persoas propietarias e realizar unha avaliación polos servizos técnicos municipais, para iniciar os trámites de adquisición”.

Comparte este artigo