A alcalcesa presidiu o acto no que se entregaron recoñecementos aos axentes con 20, 35 e 40 anos de servizo, aos xubilados no 2025, aos dintinguidos pola súa traxectoria e por actos de mérito e a personalidades civís que colaboran coas forzas de seguridade
Hoxe celebrouse en María Pita o Día da Policía Local cunha homenaxe aos axentes que foi presidido pola alcaldesa, Inés Rey, que no seu discurso de agradecemento aos integrantes do corpo recordou a «disciplina, a profesionalidade e a humanidade» que caracteriza aos homes e mulleres que visten o uniforme na cidade.
«Sodes os que estades aí cando se vos precisa. Os que pensades primeiro nos demais. Os que inculcades o civismo desde o púlpito máis alto de todos: o do bo exemplo», apuntou a alcaldesa. O evento contou coa presenza do presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Ignacio Picatoste Sueira; o xeneral xefe do Mando de Apoio á Manobra (MAM), Marcial González Prada; o subdelegado do Goberno, Julio Abalde Alonso, e o director xeral de Emerxencias e Interior e da AGASP, Santiago Villanueva Álvarez.
Como é tradición, o Concello condecorou os axentes que cumpren 20, 35 e 40 anos de servizo no corpo, os policías xubilados no ano 2025, axentes distinguidos pola súa traxectoria exemplar, axentes con actos de mérito e personalidades civís que se distinguiron polo seu apoio ás forzas e corpos de seguridade.
Rey quixo aproveitar o acto para destacar a dedicación de todos os axentes e o seu traballo diario para manter a seguridade e o benestar na cidade. «É verdade que queda moito por facer. Pero existen motivos para o optimismo. A criminalidade xeral na Coruña descendeu no último ano un 1%, e a criminalidade convencional, ata un 5,7%. Son datos. Datos que nos sitúan por encima da media nacional en termos de seguridade. E datos que reflicten, sobre o papel, o froito das accións valentes de todos os axentes», engadiu a alcaldesa.
Lista de Homenaxeados
40 anos de permanencia no corpo:
– Ángel Merelas Sánchez
35 anos de permanencia no corpo:
– Manuel Aceña Liste
– Jose Ángel Barallobre
– Luis Barral Rodríguez
– Antonio Manuel Cacharron Arjomil
– Marcial Cambon Castro
– José Luis Canosa Lamiño
– Juan José Castiñeira Balsa
– César Luis Castro Fraguela
– Jesús Costa Fariña
– Manuel Fandiño Rey
– José Manuel García Rodríguez
– Francisco José Lafuente Rey
– Manuel Paulino López Cancelo
– Jesús Ángel López Quintela
– Marcos Antonio Mañana Piñeiro
– Fernando Naya Prieto
– Luis Manuel Otero Neira
– José Luis Pereira Fandiño
– Alberto Primoy Basoa
– María José Sánchez Naveira
– Pilar Varela Varela
– Francisco Javier Vázquez Gil
– Luis Antonio Veira Hermidas
– Juan Carlos Vidal Díaz
20 anos de permanencia no corpo:
– Raúl Bujia Rodríguez
– José Luis Galdo Novo
– José David López Barreiro
– Ana María Pérez Manivesa
– Miguel Puente Rapela
– Juan José Quintas Rumbo
– Efren Quiroga Tojeiro
– Iván Reigosa Expósito
– Alberto Sánchez García
Xubilados no 2025
– José Antonio Bello Antón
– José Antonio Brandariz Castelo
– Manuel Cancela Vila
– Manuel Cao Puga
– Eulogio Cives Martínez
– Felipe de la Fuente Garay
– José Manuel Loureiro Vázquez
– Juan Muiños Insúa
– Jorge Alberto Pazos Miser
– Aurora Rodríguez Penas
– Carlos Sanjurjo Lorenzo
– José Marcos Suevos Sánchez
Felicitacións públicas:
– Carlos Gómez Rodríguez, Comisario Principal-Xefe Provincial da Policía Nacional en
– Antonio Manuel Velasco Ruíz, Comandante de la Agrupación de Tráfico de la Guardia Civil de Galicia-Xefe da Unidade de Investigación de Seguridade Vial de Galicia.
– Helimer Galicia-Base SAR A Coruña (Salvamento Marítimo).
– Regla Dávil Caballero, Directora Área Benestar-Concellería de Benestar Social, Participación e Igualdadade do Concello.
– Darío Pérez Bergantiños, Xefe do Departamento de Seguridade Cidadá-Concellería de Seguridade Ciudadá e Interior del Ayuntamiento de A Coruña.
– Álvaro Louro Ojea, Vicepresidente da Asociación Española de Investigadores de Accidentes de Tráfico e colaborador da Policía Local nesta materia.
Medallas á traxectorio profesional:
– Manuel Aceña Liste
– Juan José Castiñeira
– Enrique Lema Barca
– Marcial Cambón Castro- Pablo Outeiral Ces
Medallas ao mérito policial:
– Darío González Calvo e Jorge Campos Varón
– Antón Gabeiras Nieto e Rubén Moure Caamaño
– Pablo Rodríguez Rodríguez
– Juan Carlos Pérez Mouzo

