Home A Coruña O Concello de Bergondo organiza unha excursión a Ponferrada e Molinaseca

O Concello de Bergondo organiza unha excursión a Ponferrada e Molinaseca

- Anuncio -

· O prazo de inscrición xa está aberto e termina mañá, mércores 17 de abril.

· O itinerario contempla visitar os centros históricos dos dous municipios leoneses, así como o Castillo dos Templarios.

O Concello de Bergondo, no marco da súa programación de viaxes socioculturais para veciñas e veciños de municipio, organiza o próximo día 11 de maio unha saída a Ponferrada e Molinaseca.

Dirixida a calquera residente maior de 18 anos (os menores poderán apuntarse sempre que vaian acompañados dun adulto), a expedición partirá da Casa do Concello bergondesa ás 8:00 horas, e regresará sobre as 22:00 dese mesmo día.

No itinerario contémplase a visita ao Castillo dos Templarios, unha fortaleza de orixe prehistórica e que está considerado como un dos máis notables do noroeste de España, sendo declarado como Ben de Interese Cultural (BIC) e Monumento Nacional hai un século (1924). Ademais, tamén se poderá pasear polos centros históricos das dúas poboacións leonesas.

O período de inscrición ábrese hoxe, martes 16 de abril, e estará aberto ata mañá. Para inscribirse, as persoas interesadas deberán chamar ao 981 791 252 ext.7 ou encher o seguinte formulario: https://docs.google.com/forms/d/13dcuomLjbRSMuyAmjNucTNnX3QNi6Lh5xbW3jE8HWNI/viewform?edit_requested=true. No caso de que haxa máis solicitudes que prazas, este venres, 19 de abril, realizarase un sorteo ás 10:30 horas na Casa dá Cultura.

O prezo da viaxe é de 20 euros e o pago deberá realizarse entre os días 25 e 26 de abril.

Relacionadas

A Ribeiriña loce renovada fachada marítima

0
A valorización da fachada marítima da Ribeiriña e a recuperación dun espazo natural para desfrute da veciñanza. Con esta idea, o Ministerio para a...

A Xunta de Goberno aproba o proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal...

0
A Xunta de Goberno deu luz verde ao proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal Quiroga Palacios cun orzamento base de licitación de...

As participantes no programa “A Laracha Acolle” realizan un obradoiro de bo trato e autocoidados

0
As asistentes son mulleres de Marrocos, Paquistán, Ucraína e Colombia empadroadas no termo municipal da Laracha. No concello da Laracha estase a desenvolver desde hai...

O Concello pon en marcha un tratamento preventivo en 85 palmeiras da cidade co...

0
Este luns comeza a aplicarse acetamiprid nos exemplares existentes nos xardíns de Méndez Núñez, a rúa Santa Lucía, cemiterio de Santo Amaro, As Atochas...

Un milleiro de nenos e nenas participarán na XXIV edición do Correlingua

0
O concelleiro Gonzalo Castro destacou a importancia deste evento para “manter moi viva a lingua entre as próximas xeracións” O concelleiro da Área de Fomento...

Laxe recoñece ás persoas máis lectoras da súa biblioteca municipal

0
• As galardoadas foron Sara Khaled Danais na categoría infantil - xuvenil e María Isabel Martín Campo na categoría de adultos • Todo isto transcorreu...

Publicacións Relacionadas