Home A Coruña O Concello de Carballo duplica o número de minipuntos limpos de proximidade...

O Concello de Carballo duplica o número de minipuntos limpos de proximidade para facilitar a reciclaxe

- Anuncio -

Os novos puntos, situados nos barrios da Milagrosa, O Chorís e O Hospital-San Cristovo, inclúen por primeira vez un depósito específico para material escolar

O Concello de Carballo trata de facilitar á cidadanía a xestión de todos os materiais que, polas súas características, non poden depositarse nos colectores que hai nas rúas. Por iso, ademais do punto limpo, situado no polígono industrial de Bértoa, que abre os xoves e sábados en horario de mañá e tarde, e do punto limpo móbil, que funciona con cita previa, vimos de duplicar o número de minipuntos limpos, cos que intentamos facilitar o acceso da veciñanza a contedores para residuos específicos, en xeral contaminantes, de pequeno tamaño.

Aos tres minipuntos limpos situados nas rúas Perú, Fomento e Vázquez de Parga veñen de sumarse outros tres en distintos barrios urbanos: un no Chorís, xunto ao colexio Fogar; outro na Milagrosa, preto da capela, e o terceiro no cruce da rúa Fábrica e a avenida das Flores. A instalación levouse a cabo con cargo ás Subvencións a entidades locais galegas para o financiamento de mellora de puntos limpos existentes, instalación de puntos limpos de proximidade, puntos limpos móbiles PXR e autorreparación e implementación de melloras nas instalacións de tratamento existentes en materia de residuos de competencia municipal. Fondos de recuperación e resiliencia.

Os minipuntos limpos permiten a recollida selectiva de sete residuos diferentes. No caso de Carballo son os seguintes: cápsulas de café, luminarias de baixo consumo, pilas e baterías, residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE) de pequeno formato, teléfonos móbiles, cartuchos de impresora e toners e material escolar, que se introduce por primeira vez en substitución dos CD e DVD, xa en desuso.
No que vai de ano depositáronse nos tres minipuntos limpos existentes ata agora un total de 2.590 quilos de residuos, 725 máis que no 2023, o que supón un incremento de case o 39%. Por unidades, as cantidades recollidas corresponderían a 1.800 teléfonos móbiles, 2.775 luminarias, 3.000 cartuchos de tinta, 18.125 pequenos electrodomésticos, 55.000 pilas e/ou baterías e 6.500 cápsulas de café. Mentres nos tres primeiros tipos se rexistrou un descenso con respecto ao ano 2023, tanto as pilas coma os pequenos electrodomésticos e as cápsulas van en aumento.

E un dato máis para animarnos a utilizar os minipuntos limpos: a xestión axeitada de todos os residuos recollidos ao longo do ano 2024 equivale á plantación de 202.244 árbores.

Relacionadas

Maxestuosa actuación do alumnado da Escola Municipal de Danza co Crebanoces

0
A elevada calidade artística do alumnado da Escola Municipal de Danza quedou patente unha vez máis esta tarde en Mera, no Auditorio Gabriel García...

Juan Ignacio Borrego, na visita do CLIAC á Cociña Económica: “Pola súa empatía, as...

0
A rapazada que integra o Consello Local da Infancia da Coruña visitou esta tarde as instalacións do comedor social na rúa Socorro, acompañados polo...

O BNG de Oleiros preguntará no vindeiro pleno polas novas analíticas que declaran...

0
Após o tanque de tormentas, de 4 millóns de euros, continúa como zona vetada ao baño Falaba a  Xunta da Galiza aló polo ano de...

A cabalgata de Papá Noel percorrerá o luns toda Neda para chegar aos nenos...

0
A cita, organizada polo Concello terá lugar o luns 23 de decembro, ao longo de toda a xornada A continuación, terá lugar a tradicional recepción...

Circo e xadrez en San Sadurniño… e avance da programación da fin de semana

0
A Casa da Cultura encheuse esta mañá de risas e números abraiantes coa Gala de Circo que nos ofreceu Culturactiva. Un espectáculo organizado polo...

O Concello de Ribeira inicia o acondicionamento dunha senda peonil en Teira

0
Co obxectivo de mellorar o tránsito peonil seguro no ámbito rural, o goberno ribeirense iniciou a retirada do paseo de madeira que une Teira...

Publicacións Relacionadas