O ruta continúa os xoves e venres ata o 1 de maio contando con 24 locais particpantes e grandes premios.
Os números da III Ruta Pinchoterra acadan récord chegando ata o momento os 9500 pinchos en catro días. Unha cifra que supera notablemente o da pasada edición e que amosa a gran calidade das propostas dos 24 locais participantes.
A través da web da ruta www.pinchoterra.concellodesalvaterra.com o público pode consultar locais, horarios e ademais as diferentes propostas gastronómicas onde se incluén opcións vexetarianas, veganas ou sen glute para chegar a todo o público.
Deste xeito, a aposta do Concello de Salvaterra de Miño e a hostalaría é traballar en conxunto por ofrecer unha alternativa de ocio onde destacada a calidade do produto ofertado.
A III Ruta Pinchoterra ten lugar todos os xoves e venres ata o 1 de maio e conta cun sorteo de máis de 30 premios. Aquelas persoas que participen poderán gañar un primeiro premio de 200 euros, un segundo de 100 e un terceiro de 75 euros para consumir nos locais adheridos, 24 premios máis aportados polos establecementos e 10 Bonos para o Espazo Termal de Teáns-Oleiros.
Para participar cada consumidor deberá recoller o seu pasaporte nos locais adheridos e conseguir un total de 4 selos (4 pinchos diferentes), cubrir os seus datos persoais e contestar cal foi o seu pincho favorito.

