Free Porn
xbporn
Home A Coruña O Concello de Carballo segue dando pasos para que o novo centro...

O Concello de Carballo segue dando pasos para que o novo centro integral de saúde sexa unha realidade o antes posible

- Anuncio -

Evencio Ferrero reuniuse esta tarde en Compostela co conselleiro de Sanidade coa intención de coñecer as previsións da Xunta de Galicia

O alcalde, Evencio Ferrero Rodríguez, desprazouse hoxe a Santiago para reunirse co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño. Un encontro solicitado desde o Concello de Carballo no mes de agosto coa finalidade de coñecer as previsións da Xunta de Galicia con respecto á construción do centro integral de saúde (CIS). Na reunión participaron tamén o xerente da área sanitaria A Coruña-Cee, Luis Verde Remeseiro, e persoal técnico.

Por parte do goberno municipal de Carballo seguen a darse pasos para que o novo CIS sexa unha realidade o antes posible. Nese sentido, o alcalde informou aos responsables da Consellería de Sanidade de que, tras as cesións realizadas polos propietarios, o Concello conta xa co solo necesario para acometer a obra, pendente unicamente da formalización polo Rexistro da Propiedade. Polo tanto, tal como indicou Evencio Ferrero, antes de que remate este ano podería asinarse o preceptivo convenio de colaboración entre ámbalas dúas administracións, segundo o cal o Concello de Carballo cederá o solo e a Consellería de Sanidade executará a obra.

Ademais de conseguir os terreos necesarios para poñelos a disposición da Xunta de Galicia, o Concello de Carballo realizou os trámites para acometer a urbanización de toda a contorna do centro de saúde. As obras, que serán adxudicadas nas próximas semanas, permitirán darlle continuidade á rúa Eduardo Mariño e enlazar esta coa avenida do Ambulatorio.

As obras do CIS implican a transmisión en pleno dominio á Consellería de Sanidade dos terreos que albergarán o edificio, así como das vías que a circundan e a súa urbanización por parte do concello de Carballo en virtude do protocolo de actuación asinado o 21 de decembro de 2022. Os terreos polos que descorrerán as futuras vías pertencen ao Concello de Carballo en virtude dun convenio urbanístico de xestión asinado entre esta Administración e o seu anterior propietario que foi aprobado e ratificado o 23 de outubro de 2023 e publicado no DOG núm. 224 de 24 de novembro de 2023. O Concello de Carballo investirá nesta actuación 250.000 euros.

Relacionadas

Este venres, noite de morcegos en San Sadurniño

0
A Asociación Morcegos de Galicia é un colectivo comprometido co labor divulgativo e a conservación destes pequenos mamíferos voadores tan importantes para o ecosistema....

Medio cento de deportistas de primeiro nivel participan esta fin de semana no Campionato...

0
A alcaldesa, Inés Rey, presentou a programación completa da competición, que contará tamén con zona gastronómica, concertos, charlas e área comercial A alcaldesa da Coruña,...

Neda prepara para o 26 de outubro unha nova edición da exitosa “Senda das...

0
O Concello abrirá a próxima semana a inscrición no itinerario de samaín, no que terán prioridade os veciños e as veciñas do municipio Neda última...

O Concello de Boqueixón inviste case 40.000 € nunha nova rozadora con cargo ao...

0
O Concello de Boqueixón vén de incrementar o seu parque municipal de maquinaria coa incorporación dunha nova rozadora lateral, valorada en 39.325 euros. Uns...

A alcaldesa da Coruña recibe a Joan Ibáñez Ferrer, próximo director do aeroporto de...

0
Xunto con Jesús Campo Hortas, director ata o 1 de novembro, puxeron en común os retos e plans de futuro para o aeródromo coruñés A...

Volven as andainas ‘A Coruña das letras’ este outono co músico e escritor Xurxo...

0
Realizaranse tres rutas guiadas por Monelos, San Roque de Fóra e Labañou e a agra e o cemiterio de Santo Amaro O Concello da Coruña...

Publicacións Relacionadas