Home A Coruña O Concello de Moeche mellora a accesibilidade na contorna do Centro de...

O Concello de Moeche mellora a accesibilidade na contorna do Centro de Saúde

- Anuncio -

Proximamente acometerase un segundo proxecto de renovación das beirarrúas nunha das rúas do centro urbano modestino, aínda que se agardará a despois da feira do 23 de abril e a que UFD Distribución soterre unha nova liña eléctrica que pasará pola zona

A empresa encargada da reparación das beirarrúas que enlazan o Centro de Saúde coa estrada da Feira ultima nestes días os traballos de renovación da zona, que suporán unha importante mellora en canto a accesibilidade e ao adecentamento estético da contorna do consultorio. Unha superficie de formigón impreso máis uniforme e resistente, rebaixes nos pasos peonís e pavimento táctil para persoas con dificultades de visión son só algunhas das características dun proxecto que terá a súa continuación en breve, xa que tamén se adxudicaron a semana pasada as novas beirarrúas entre Andrés Pérez Soto e Abanca. Esta segunda actuación, cifrada en 54.684,95 euros (IVE incluído), iniciarase despois do 23 de abril para non interferir no desenvolvemento da feira cabalar e, ademais, terá que coordinarse co soterrado dunha nova liña eléctrica de UFD Distribución, coa finalidade de non ter que levantar o firme dúas veces.

Tal e como explicou Beatriz Bascoy, a distribuidora eléctrica ten previsto instalar cableado para reforzar a subministración nos edificios da zona e, por esta razón, o Concello contactou con ela hai unhas semanas “para informala de que se van facer obras nas beirarrúas polas que pasan as canalizacións e, máis que nada, para indicarlles que deben coordinar os traballos coa empresa construtora. Sería un despropósito reparar as beirarrúas e que dentro duns meses houbese que picalas para meter os cables”.

A obra executarase ao longo da rúa da Feira, desde o cruzamento de Andrés Pérez Soto até a esquina de Abanca. O proxecto foille adxudicado hai uns días á empresa José No Mantiñán e Hijos S.L. por un importe próximo aos 54.700 euros, impostos incluídos. A empresa tamén foi a que levou a cabo as melloras nos arredores do Centro de Saúde, ás que hoxe mesmo se lle estaban dando os últimos retoques. O novo tramo conectará co xa executado e, de feito, adoptará a mesma solución técnica para darlle uniformidade e funcionalidade a toda a reurbanización.

Así, as beirarrúas construiranse con formigón impreso coloreado, disporán de rebaixes nos pasos peonís -onde tamén levará pavimento táctil de botóns e barras-, separaranse da calzada e das fincas lindeiras con bordes, e o trazado, próximo aos 250 metros de distancia, nivelarase por ambos lados -na marxe dereita será necesario construír escalóns- para salvar as diferenzas de altura asegurando o cumprimento da normativa de accesibilidade.

Conforme a resolución de adxudicación da Xunta de Goberno Local, o prazo máximo de execución dos traballos é de catro meses. “O inicio vai depender da coordinación entre UFD Distribución e José No Mantiñán e, en todo caso, deberá axustarse ao prazo máximo estipulado”, puntualiza a alcaldesa. Porén, Bascoy tamén aclarou que “se non hai imprevistos”, o comezo dos traballos producirase “inmediatamente despois da feira do 23 de Abril, para que a obra non interfira nin no tráfico nin na colocación dos postos que adoitan ocupar esa zona”.

Relacionadas

Xunta e Concello de Ribeira destacan a calidade dos produtos frescos de proximidade

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, o rexedor, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde, Franciso Suárez, a concelleira de Promoción...

O Concello adxudica os traballos de mellora do campo de fútbol municipal Víctor Fernández...

0
A actuación, que consistirá na renovación do céspede artificial e do peche perimetral, ten un orzamento de máis de 430.000 euros O Concello vén de...

Neda reforzará as partidas de emerxencia social e a axuda no fogar cos fondos...

0
O Concello de Neda destinará o POS+ Adicional 2025 a reforzar as partidas municipais destinadas a facer fronte tanto aos gastos de emerxencia social...

Albert Pla pecha este sábado a programación do Ciclo Principal de outono no Teatro...

0
Últimas entradas á venda de cara ao espectáculo do polifacético artista catalán, recoñecido polo seu traballo musical e as súas colaboracións con Robe Iniesta,...

Carballo segue a amosar a súa solidariedade coas vítimas da DINA cun concerto benéfico...

0
Quercus Blues, Rusty Nuts, Lowcos e The Cerne actuarán o sábado 28 a partir das 20.00 horas na carpa da Praza do Concello Carballo é...

Incendio na nave do Matadoiro de Vilaseco, en Vimianzo

0
Os bombeiros do parque Provincial de Carballo, apoiados polo parque de Santa Comba, acudiron sufocar o incendio producido no Matadoiro de Vilaseco, na parroquia...

Publicacións Relacionadas