Home A Coruña O Concello de Ponteceso pon en marcha unha campaña de compostaxe doméstica...

O Concello de Ponteceso pon en marcha unha campaña de compostaxe doméstica entre a súa veciñanza

- Anuncio -

 O Concello facilitará ás persoas interesadas formación e os materiais necesarios para autoxestionar os seus residuos orgánicos

 As persoas que queiran participar tan só terán que anotarse no concello, ben presencialmente ou a través da páxina web

 Tamén se impartiron obradoiros nas dúas escolas do municipio para concienciar á cativada sobre a importancia de coidar o medio ambiente

O Concello de Ponteceso, no seu obxectivo de coidar o medio ambiente, impulsa un programa de compostaxe doméstica entre a veciñanza do municipio. Esta técnica pretende que os residuos orgánicos, que son os que máis peso teñen nas nosas bolsas, queden na propia terra, para lograr reducir o volume de lixo.

Esta iniciativa busca reducir pegada de carbono. Ademais, deste xeito, o Concello xera un mecanismo de aforro, xa que se anticipa aos custos que haberá que contraer nun futuro non demasiado afastado polos diferentes tipos de residuos que se manden ao vertedoiro.

Por iso, o Concello facilitará a todas aquelas persoas que teñan un terreo e estean interesadas en participar deste programa tanto formación como o material necesario. É dicir, todo o necesario para autoxestionar os seus residuos orgánicos mediante esta forma de reciclaxe. Así, ademais de coidar o medio ambiente, os e as participantes obterán como resultado un excelente abono para as súas terras.

Para beneficiarse da iniciativa, as persoas interesadas tan só deberán anotarse no Concello. Poden facelo de xeito presencial ou a través da páxina web. Unha vez completado o rexistro, organizarase unha xornada formativa na que se fará entrega de todo o material necesario para comezar coa compostaxe.

Ademais, recibirán asesoramento e seguimento durante todo o 2024.
Aqueles e aquelas que queiran recibir máis información sobre este programa, poderán facelo a través do teléfono 647521464 ou do enderezo electrónico residuos@ponteceso.net.

OBRADOIROS NAS ESCOLAS
Nesta liña de concienciación sobre o coidado do medio ambiente, o Concello de Ponteceso non quixo esquecerse das novas xeracións, polo que a semana pasada celebrou un obradoiro sobre compostaxe nos CEIP Eduardo Pondal e As Forcadas.

Nel, tanto alumnado como profesorado tiveron a oportunidade de aprender técnicas para ser máis respectuosos coa contorna e como tratar de mellor maneira todos aqueles residuos orgánicos que xeramos no día a día.

Relacionadas

Inaugurado o novo albergue municipal Esperanza Tenreiro, en Nós

0
O edificio principal da Finca Tenreiro, en Nós, foi inaugurado esta tarde como Albergue municipal Esperanza Tenreiro. Con esta denominación, o Concello de Oleiros...

Excarcerado un home tras unha saída de vía na parroquia de Niveiro, no concello...

0
Os bombeiros do parque Comarcal de Santa Comba recibiron hoxe, sábado 4 de maio, ás 14.47 horas unha chamada na que se informaba dun...

A Xunta colaborou coa construción do albergue da finca Tenreiro de Oleiros a través...

0
― A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe á inauguración do novo espazo ― As alumnas e alumnos...

Fabiola García visita a Casa da Muller de Ponteceso na que a Xunta inviste...

0
A conselleira de Política Social e Igualdade destaca os 15 anos de traxectoria da Fundación Eduardo Pondal, a entidade que desenvolve estes programas A conselleira...

Lorenzana aborda co alcalde de Oroso, Álex Doval, as necesidades do parque empresarial de...

0
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro co alcalde do Oroso, Álex Doval, con quen abordou as necesidades...

Abegondo solicitará a reversión dun tramo do Camiño ao antigo trazado para mellorar a...

0
• O alcalde reuniuse hoxe cos veciños de Meangos e Cos polas obras na estrada provincial O Concello de Abegondo concretou hoxe cos veciños as...

Publicacións Relacionadas