· Terá lugar na Casa dá Mocidade todos os xoves e os venres de 17 a 21 horas.
· Está dirixido a mozos e mozas de máis de 12 anos e entre as propostas inclúense talleres, videoxogos, futbolín, actividades deportivas…
O Concello de Bergondo estrea mañá, venres 20 de decembro, ‘Serán Mozo’, un programa de actividades dirixido a mozas desde os 12 anos e que ten como obxectivo ofrecer alternativas de lecer e tempo libre durante as tardes dos venres e os sábados, respondendo as necesidades deste grupo de idade de contar con espazos e actividades adecuados aos seus intereses.
Esta iniciativa levará a cabo na Casa dá Mocidade de San Cidre, situada detrás da casa do concello, á beira da pista de fútbol sala cuberta, todos os venres e os sábados pola tarde en horario de 17 a 21 horas. A entrada é gratuíta.
‘Serán Mozo’ está deseñado para proporcionar unha contorna de lecer educativo e divertido. Entre as propostas inclúense talleres creativos, videoxogos, futbolín, actividades deportivas, xogos de mesa e moito máis. Este programa busca non só entreter se non tamén fomentar o desenvolvemento persoal e social dos participantes a través das actividades programadas.
Desde o goberno local destacan a importancia deste programa xa que “queremos que a mocidade de Bergondo teña un espazo onde poida divertirse, aprender e relacionarse nun ambiente seguro”. “Serán Mozo é a nosa aposta por un lecer saudable e enriquecedor”, indican.