A OMIX da Guarda organiza un obradoiro de cianotipia

Redacción
Lectura mínima de 1
  • As inscricións abren o próximo luns 27 de abril no mail informacion@aguarda.es

A OMIX do Concello da Guarda continúa coa organización de obradoiros gratuítos para diversificar a oferta do ocio da mocidade na nosa vila. Para o sábado 9 de maio, a partir das 10:00h, haberá un obradoiro de cianotipia.

A cianotipia é un proceso fotográfico histórico e artesanal que emprega a luz solar para crear impresións únicas e personalizadas no seu característico ton azul prusiano.

Neste obradoiro aprenderase a preparar o papel fotosensible, facer composicións con obxectos naturais e cotiás e a sometelas ao proceso de “revelado” con auga. Cada participante poderá facer ata catro pezas (de ata 15x15cm, A5 e A4; e un marcapáxinas).

As prazas son limitadas e terá prioridade a mocidade, aínda que estará aberto ao público xeral se hai prazas. A inscrición estará aberta desde o luns 27 de abril a través do mail da OMIX: informacion@aguarda.es.

Comparte este artigo