O Concello incorpora un Punto Violeta itinerante nas festas de Santa Cruz e Perillo

Redacción

O Concello reforzará este ano o dispositivo do Punto Violeta nas festas de Santa Cruz coa incorporación dun novo servizo itinerante, que permitirá achegar directamente a información, prevención e atención fronte ás violencias machistas ás persoas asistentes.

O novo Punto Violeta itinerante estará formado por dúas profesionais especializadas, claramente identificadas cos chalecos e gorras do servizo, que percorrerán os espazos máis concorridos das festas para ofrecer información, orientación e acompañamento ante posibles situacións de violencia sexual, LGTBIfóbica ou machista. O dispositivo completarase co habitual Punto Violeta fixo situado no Parque Luís Seoane.

O servizo estará operativo do xoves 20 ao martes 25 de agosto, de 23 a 03:30 h. Esta nova modalidade de atención tamén se implementará posteriormente nas festas de Perillo, co obxectivo de facer o servizo máis próximo e accesible ás persoas asistentes aos festexos.

Comparte este artigo