• A venda de entradas comeza o martes 22 de setembro.
O Auditorio Municipal de Ribeira acollerá o vindeiro sábado 7 de novembro, ás 20.00 horas, o espectáculo de comedia improvisada ‘Coaches de Choque’, protagonizado por Rafa Durán e Oswaldo Digón.
‘Coaches de Choque’ é unha proposta de comedia improvisada deseñada para enerxizar e ofrecer ao público unha auténtica descarga de endorfinas. Oswaldo Digón e Rafa Durán dan vida a dous adestradores xenuinamente entusiastas e altamente motivados que, a través da denominada terapia de choque de improvisación, crean sobre a marcha un espectáculo frenético, único e irrepetible.
A participación do público será fundamental, xa que as súas suxestións marcarán o desenvolvemento da función, facendo que cada representación sexa diferente. O resultado é unha divertida parodia do mundo do “desenvolvemento persoal”, combinando improvisación, interacción e humor.
A venda das entradas comezará o martes 22 de setembro, ás 09.00 horas, e poderá realizarse de maneira paralela a través da páxina web www.ataquilla.com e presencialmente na Oficina de Atención Cidadá da Casa Consistorial, en horario de 09.00 a 14.00 horas.
O prezo das entradas será de 16 euros, máis gastos de xestión.

