HomeA CoruñaO Grupo Estable de Teatro estrea a súa obra no García Márquez...

O Grupo Estable de Teatro estrea a súa obra no García Márquez o próximo sábado 31 de maio

- Anuncio -spot_img

O sábado 31 de maio ás 20:30 horas o Auditorio Gabriel García Márquez acollerá a estrea da obra teatral do grupo Estable de Teatro Municipal, “Atención”; unha obra de creación colectiva dirixida por Ramiro Neira e Xabi Queijeiro.

Este novo proxecto do Grupo Estable dos Obradoiros de Teatro do Concello de Oleiros abórdase e créase a partir do concepto da Atención. A práctica da atención plena é unha aventura amorosa coa esencia da vida.

A historia comeza cando nun pequeno pobo se decide pechar o seu centro de saúde… Un ataque á atención médica dos veciños e veciñas que fará reflexionar sobre a atención plena e real sobre as persoas que nos rodean.

Entrada libre e de balde ata completar a capacidade da sala.

Publicacións Relacionadas