O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, inaugurará o próximo 29 de maio un espazo pioneiro en Galicia que incorpora crematorio propio, columbario exterior ao aire libre e áreas concibidas para cerimonias civís e despedidas personalizadas
Funeraria Apóstolo abrirá o próximo 29 de maio as portas do seu novo centro en Oleiros nunha xornada especial dirixida a familias, veciños e persoas interesadas en coñecer unhas instalacións concibidas desde unha visión máis humana, próxima e contemporánea do acompañamento e a despedida.
A xornada de portas abertas, previa inscrición, permitirá percorrer por primeira vez o novo espazo situado en Rúa Fonte do Ouro, 32, en Iñás (Oleiros), deseñado para priorizar a calma, a privacidade, a luz natural e o benestar emocional das familias. Entre as principais novidades do novo centro destaca a incorporación de crematorio propio equipado con tecnoloxía avanzada de última xeración, permitindo ofrecer un servizo integral nun mesmo espazo.
O complexo incorporará ademais un dos primeiros columbarios exteriores ao aire libre de Galicia, concibido non só como un lugar de recordo, senón tamén como un espazo pensado para cerimonias civís, homenaxes personalizadas e depósitos de cinzas en contacto coa natureza. Con máis de 30 anos de experiencia, Funeraria Apóstolo impulsa este proxecto como resposta a unha evolución social que demanda espazos máis amables, íntimos e emocionalmente coidados tamén nos momentos de despedida.
“As necesidades das familias cambiaron moitísimo nos últimos anos. Hoxe valórase máis a privacidade, a tranquilidade, a contorna ou mesmo como che fai sentir o espazo”, explican desde a empresa. A inauguración institucional contará coa participación do alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane. As persoas interesadas en asistir poderán inscribirse previamente a través do teléfono 981621992 ou o correo info@funerariaapostol.com
SOBRE TANATORIO APÓSTOLO
Tanatorio Apóstolo conta con máis de 30 anos de experiencia ofrecendo un servizo funerario integral e personalizado, acompañando ás familias desde a proximidade, o respecto e a profesionalidade. Actualmente dispón de instalacións en Oleiros, Arteixo, Culleredo e Sada.

