Consideran a situación de extrema gravidade sempre que ten atemorizada a parte da cidadanía.
Desde o Partido Popular instan o alcalde a convocar de maneira urxente a comisión de seguridade cidadá, unha solicitude que presentaron por rexistro esta mañá no concello.
Ladróns con pasamontañas, pintadas marcando territorio,incendios de contedores, narco pisos…
Os veciños teñen medo e con razón. “ Necesitamos máis policía na rúa, nas parroquias, máis seguridade” apuntan os
populares, tras un novo suceso como o deste luns, sobre as nove da noite onde un incendio nun piso céntrico, deixa ás descuberto drogas e un posible negocio de tráfico das mesmas.
A concelleira de seguridade, a señora Pilar Taibo, tachou ao Partido Popular, en máis dun pleno, de alarmistas, por denunciar feitos delituosos como os que aquí se relatan.
“ Este é o goberno das escusas…e o que Sada e os veciños necesitan son solucións
““ O goberno do señor Portela vese superado, fáiselle mais grande que nunca este actual mandato, está paralizado, en shok, negando o innegable, insensible, desconectado da realidade dos veciños” afirma Esperanza Arias, portavoz dos Populares.
Desde o Partido Popular instan o alcalde a cumprir os acordos plenarios como o de convocar periodicamente a comisión especial de seguridade cidadá, unha iniciativa do Partido Popular, apoiada por todos os grupos municipais e que fai máis dun ano que non se reúne.
Hoxe os populares volven solicitala por rexistro.
“ Dicir que non hai policía suficiente non é a resposta que esperan os veciños. Necesitan saber que a súa seguridade é un tema prioritario para o goberno e que se van a tomar medidas.
É xa unha cuestión de actitude”, conclúe Arias.
O Grupo Municipal do Partido Popular, volverá trasladar ao próximo pleno estas e outras preocupacións dos sadenses e expor unha vez máis melloras dos medios cos que conta a Policía Local, á cal tamén se solicitou unha reunión para coñecer de primeira man as súas necesidades e suxestións #ante esta situación de inseguridade cidadá.