Alternativa xa advertiu no pleno de aprobación de orzamentos que a modificación da relación de postos de traballo (RPT) non era correcta.
O persoal municipal ven a confirmar coa presentación das alegacións contra os orzamentos e a RPT a advertencia feita por Alternativa que sinalaba a mala elaboración do documento.
As alegacións presentadas son relativas a que os salarios están mal reflectidos en casos de redución de xornada por garda legal, que existe unha posible discriminación no persoal en situación de baixa e falta de rigor e adecuación á realidade dos postos
Alternativa sinala que hai unha RPT mal feita e uns orzamentos vinculados a ela que deberán ser revisados. Ademáis critica a ausencia de negociacións co persoal municipal por parte do goberno municipal.

