Home A Coruña O porto de Ortigueira contará con novo pavimento na chaira e na...

O porto de Ortigueira contará con novo pavimento na chaira e na parte posterior dos xardíns

- Anuncio -

• O alcalde, Valentín Calvín, exerceu de anfitrión esta mañá do conselleiro do Mar en funcións, Alfonso Villares, que anunciou este investimento de 115.000 euros nunhas obras que se executarán este ano

• “Seguimos buscando investimento fóra de Ortigueira para Ortigueira. Agradecemos á Xunta de Galicia a predisposición por mellorar as condicións dos nosos portos, que pronto contarán tamén coas necesarias dragaxes”, destacou o rexedor

O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, exerceu de anfitrión esta mañá na visita á localidade do conselleiro do Mar en funcións, Alfonso Villares, e o presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez. Durante o encontro, Villares anunciou que o porto de Ortigueira contará cun novo pavimento na chaira situada diante da dársena deportiva e tamén no vial que discorre pola parte posterior dos xardíns de Julio Dávila.

En concreto, esta mellora desenvolverase durante este ano 2024 grazas a un investimento de 115.000 euros, que se une aos preto de 300.000 que a Xunta investiu nos últimos meses para humanizar o paseo do Malecón. Neste espazo, Portos de Galicia instalou en xaneiro as varandas.
Á marxe de anunciar esta actuación, o conselleiro tamén concretou co alcalde avances significativos na renovación do firme de acceso ao peirao de Espasante, no que se prevé tamén construír unha senda peonil.

A maiores, os responsables da Xunta de Galicia informaron o rexedor que as dragaxes de ambos os portos van polos leitos correctos, contan xa cos informes favorables necesarios e están en proceso de licitación.

O rexedor acompañou tanto ao conselleiro en funcións como ao presidente de Portos no encontro que todos eles tiveron tanto coa confraría de pescadores como coas mariscadoras. Os dous colectivos aproveitaron para solicitarlle melloras loxísticas como un furgón isotérmico ou unha instalación que sirva para depurar o marisco recolleito.
“Seguimos buscando investimento fóra de Ortigueira para Ortigueira. Agradecemos á Xunta de Galicia a predisposición por mellorar as condicións dos nosos portos, que pronto contarán tamén coas necesarias dragaxes”, destacou o rexedor ao termo da produtiva visita.

Relacionadas

Seis grandes intérpretes locais, xuntos para un concerto único na igrexa parroquial de San...

0
Este domingo 29 de decembro a partir das 12:00h na igrexa de Santa María a Maior do Rosario San Sadurniño é terra de artistas. Levámolo...

Os novos carrís bici en Novo Mesoiro e o istmo da Pescaría incrementan a...

0
A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, lembrou que a aposta do Goberno de Inés Rey por iniciativas como BiciCoruña permitiu, só neste...

Inmenso agradecemento do Concello ás persoas que se mobilizaron na procura do veciño desaparecido

0
Sobre as 9:30 horas desta mañá foi atopado con vida o veciño de Dorneda desaparecido desde o pasado xoves. Minutos máis tarde foi trasladado...

Accidente de tráfico cunha persoa falecida en Carnota

0
Os bombeiros do parque provincial de Cee foron alertados durante esta tarde dun accidente de tráfico ocurrido no Km. 28 da AC-550 en Lira,...

A Feira Doce encherá de novo a carpa da Praza do Concello con actividades...

0
12+1 postos de repostaría e artesanía, 15 obradoiros e unha ampla oferta musical dinamizarán a última fin de semana do 2024 Carballo estrea esta fin...

Entrega das cestas dos concursos de embelecemento do Nadal de Ribeira

0
Hoxe déronse cita no Centro Cultural Lustres Rivas os concursantes gañadores das diferentes modalidades do Concurso de Embelecemento do Nadal, para a entrega das...

Publicacións Relacionadas