Home A Coruña O PP de Cabanas renuncia a 148.000 € dunha subvención conseguida polo...

O PP de Cabanas renuncia a 148.000 € dunha subvención conseguida polo BNG no goberno do anterior mandato

- Anuncio -

A subvención, equivalente ao 5% do orzamento municipal, buscaba mellorar a conectividade e apoiar o comercio e hostalería locais, seguindo a liña de traballo do BNG á fronte das áreas de promoción económica e turismo

O BNG denuncia que a única política do PP é “pasear cargos da Xunta” e a “exhibición en redes sociais”

Cabanas quedará sen 148.000 € de financiamento do proxecto de dixitalización e mellora da accesibilidade no Camiño Inglés, conseguidos polo BNG no anterior goberno municipal. Esta subvención -que fora solicitada conxuntamente polos Concellos de Cabanas, Ferrol, Neda, Pontedeume, Miño e Betanzos- ascendía a un total de 908.900 € para todo o grupo de concellos.

No caso concreto de Cabanas, o BNG incluíra con cargo a esta subvención os gastos de implantación dun plan de conectividade para garantir o acceso á Internet; a instalación de pantallas informativas exteriores e a creación dunha Oficina Turística Intelixente con información actualizada sobre a oferta comercial de hostalería de Cabanas.

“Ao PP quedoulle todo listo e só tiña que executar a subvención. Pero como xestionar fondos públicos require traballo, a súa ausente concelleira de turismo e o alcalde centrado na exhibición en redes sociais decidiron renunciar a unha subvención que ascende ao 5% do orzamento municipal”, apuntan desde o BNG de Cabanas.

Cabanas convertida nun plató propagandístico da Xunta

Desde o BNG denuncian que Cabanas ten un goberno sen ideas, sen proxecto e sen ningunhas ganas de traballar. “A súa única política é traer á Xunta de visita, unhas veces para anunciar investimentos ou logros conseguidos no anterior mandato polas áreas do BNG, e outras pola foto para redes sociais”, engaden desde a formación nacionalista.

“Montar actos para outorgar premios de Praias sen Fume, cuxo recoñecemento xa se tiña desde o anterior mandato; vir presentar o bono turístico nun concello que desmantelou a área de turismo e pechou o Centro de Interpretación do Medio Mariño; inaugurar un parque infantil mentres o principal leva un ano cos xoguetes rotos… todo lles vale para a foto”, sinala o BNG.

Para o BNG, a visita de Diego Calvo desta mañá ao Pavillón de Lavandeira “é un insulto ás veciñas e veciños de Cabanas”. “Non é só que sexa outra máis desta axenda de visitas baleiras de contido, é que ademais acoden precisamente ao Pavillón de Lavandeira, un lugar que simboliza a incapacidade deste goberno municipal”. Desde o BNG lembran que o Concello de Cabanas tivo que devolver os cartos da subvención da Xunta para a obra de reparación da cuberta deste pavillón (conseguida polo anterior goberno municipal), e asumir cando menos unha parte do pago da obra xa efectuada con fondos propios “por culpa dun goberno incapaz nin de facer seguimento dunha obra para que acabe en tempo”, concluíron.

Relacionadas

O Concello de Brión ofrece unha recepción institucional ás técnicas municipais de Brión e...

0
Lola Landeira e Carla Pérez compartiron a súa experiencia apoiando o desenvolvemento local a través do programa Especialistas en Cooperar O Concello de Brión ofreceu...

A Pobra afonda no mundo dos cogomelos durante esta fin de semana coas VIII...

0
Fin de semana micolóxica na Pobra do Caramiñal. A Concellaría do Medio Ambiente exalta unha vez máis un dos produtos estrela da tempada outonal...

Excéntricas presentan o venres en Neda “O auto do Castromil”

0
A compañía Producións Teatrais Excéntricas trae a Neda este venres, a partir das 20.30 horas, un dos seus últimos espectáculos. Trátase de “O auto...

Arrancadeira está de celebración por partida dobre co seu décimo aniversario e o Magosto

0
A praza Alcalde Segundo Durán será un fervedoiro cultural durante todo o sábado 9 coa celebración do IV Magosto Arrancadeira coincidindo co décimo aniversario...

O Concello concede 400.000 euros en subvencións ás entidades deportivas sen ánimo de lucro

0
O Goberno de Inés Rey promove deste xeito o desenvolvemento de actividades de diferentes clubs e entidades, triplicando desde o 2019 a contía total...

O Concello lanza a programación do 25N baixo o lema ‘Non hai escusas’

0
A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Nereida Canosa, presentou a imaxe e actividades que incluen charlas, obradoiros, teatro e cine Entre os eventos...

Publicacións Relacionadas