O PP de Culleredo propoñerá no próximo pleno a municipalización da limpeza viaria e dos edificios municipais

adminON
Lectura mínima de 2

O Grupo Municipal do PP de Culleredo levará ao próximo pleno ordinario a proposta de municipalizar os servizos públicos de limpeza viaria e de edificios municipais, co “claro obxectivo de poñer solución a unha situación insostible á que nos levou a inacción do señor Rioboo, incapaz en seis anos de sacar novos pregos de contratación destes servizos craves para a cidadanía”, afirma a líder popular, Izaskun García.

Os populares queren, desta forma, tomar a iniciativa e dar un xiro de 180 graos á xestión municipal, xa que “á vista está que o Goberno Local co alcalde Rioboo á cabeza hai tempo que carece de ideas, de ganas e de vontade de solucionar nada. Desde outubro, cando celebramos a petición nosa o pleno extraordinario sobre esta cuestión, levamos esperando a que o señor Rioboo concrete unha data na que estes pregos estean listos. 4 meses de protestas e unha folga e seguimos igual ou peor”
“Noutros concellos que optaron por esta opción, a de municipalizar servizos públicos, resultou unha medida do todo beneficiosa xa que estabiliza laboralmente aos empregados, garante a cobranza das nóminas en tempo e forma e tamén garante un mellor servizo a menor custo para os veciños, é unha vía que hai que sopesar seriamente. Pero para iso hai que ter vontade política e ganas de poñer solución canto antes a este problema”, declaran desde o PP de Culleredo.

Comparte este artigo