Home A Coruña O Progrma "A Laracha Activa e o Mar de Caión" concluirá na...

O Progrma “A Laracha Activa e o Mar de Caión” concluirá na próxima fin de semana cunha xornada de portas abertas sobre oficios de pesca artesá

- Anuncio -

Tamén permanece aberta a inscrición na camiñada do sábado pola mañá.

As iniciativas desenvolvidas durante a pasada fin de semana no marco do programa medioambiental ‘A Laracha Activa e o Mar de Caión’ tiveron unha excelente acollida por parte do público. Nas tres quendas dos obradoiros de recollida do golfe e salgadura de peixe participaron preto de cincuenta persoas, e unha vintena asistiron á camiñada polo litoral da vila.

‘A Laracha Activa e o Mar de Caión’ é organizado polo Concello da Laracha en colaboración co Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) da Costa da Morte. Pretende os obxectivos de reforzar os valores ambientais e patrimoniais do litoral caionés ao mesmo tempo que dinamizar o turismo.

O programa completarase na próxima fin de semana cunhas xornadas de portas abertas sobre os oficios da pesca artesá que se van realizar no centro sociocomunitario. Comezarán o venres de 19:00 a 21:00 horas con tres conversas sobre o pasado, o presente e o futuro do mar a cargo dos historiadores Marcos E. Amado e Fernando Patricio Cortizo e de profesionais do sector pesqueiro. Ademais, o sábado e o domingo poderase visitar a exposición en horario de 10:30 a 13:30 h e de 17:00 a 20:30 h. A asistencia ás conversas e a entrada para a visita á exposición son libres e gratuítas.

Ademais, permanece aberta a inscrición na camiñada que se vai realizar o sábado 10:30 a 13:30 h. Do mesmo xeito que a xa realizada no día de onte, partirase da Confraría de Pescadores e consistirá nun percorrido guiado de apenas catro quilómetros de distancia e de dificultade baixa. Anotarse é gratis e pode facerse vía telefónica (981605001), presencialmente no Concello ou enviando un correo electrónico a turismo@alaracha.gal indicando o nome, DNI, idade, enderezo e teléfono de cada asistente.

Relacionadas

A Xunta ultima as obras de mellora da rede de saneamento e depuración do...

0
Os traballos, que rematarán antes do verán, beneficiarán a cinco núcleos da parroquia de Santaia de Arca e supoñen a dotación dunha nova estación...

Incendio nun vehículo agrícola na DP-6503 á altura de Carcacia, no Concello de Padrón

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro foron alertados ás 12:26 deste mediodía dun incendio que afectou a un tractor na DP-6503, á...

O Concello mantén as súas tres bandeiras azuis, traballa na potenciación dos seus servizos...

0
 “O equipo de goberno do Concello de Ponteceso agradece esta boa valoración, pero non se conforma”, sinala o alcalde  Niñóns, que non dispón...

Hércules de Edicións publica “Noites confinadas”: unha viaxe estética e reflexiva pola natureza e...

0
· A visión conxunta de Chema Mesías, Ilduara Penas Antelo e David Catá: unha chamada á conciencia e a acción por un futuro sostible. ·...

Grande éxito das Olimpíadas Científicas no Colexio Luis Seoane

0
O CEIP Luis Seone celebrou esta mañá unhas Olimpíadas Científicas para conmemorar o Día da Ciencia. O alumnado amosou os proxectos científicos que desenvolveron...

Laxe contará un ano máis cunha Bandeira Azul na súa praia urbana

0
• A Adeac anunciou hoxe os areais que contan con este distintivo, entre os que se encontra a Praia de Laxe • Desde o Concello...

Publicacións Relacionadas