Home A Coruña O Sons da Vila 2024 animará as rúas da Pobra con nove...

O Sons da Vila 2024 animará as rúas da Pobra con nove concertos

- Anuncio -

Nove grupos levarán a súa música en directo ás contornas das terrazas da Pobra do Caramiñal nos meses de xullo e agosto. A Concellaría da Cultura activa a sétima edición do Sons da Vila con tres obxectivos: diversifica-la oferta cultural no verán, darlle visibilidade a grupos da zona e dinamiza-las inmediacións dos establecementos hostaleiros, segundo deu a coñece-la edil Patricia Lojo.

A concelleira engadiu que o ritmo soará nos mércores, no núcleo urbano, e nos xoves, nas paraxes naturais, para anima-las rúas durante a semana, ao que tamén contribuirá o Verán Cultural en vindeiras datas.

No mes de xullo actuarán Os Barbansónicos (día 10, praza Paulino Santos); Kolokón (día 17, praza Victoriano García Martí), Rockolas (día 18, praia da Lombiña); The Monkeys Acoustic (día 24, paseo dos Areos); e Mar Davila (día 31, paseo dos Areos).

E, en agosto, o protagonismo recaerá en Caras B (día 8, na praia da Illa); D Crooners Band (día 21, nos Xardíns de Valle-Inclán); Airband (día 22, na praia da Lombiña); e Opendrink (día 28, na rúa Rafael Calleja).

A maioría das sesións musicais arrancarán ás 21.00 horas, agás nas xornadas do 18 de xullo e 8 e 22 de agosto, que serán ás 20.00 horas.

Relacionadas

O Concello de Carballo pon en marcha o programa “Remocea”, no que poderán participar...

0
Aberto o prazo de inscrición para as seguintes actividades: talleres de memoria, manexo de teléfonos móbiles e outras tecnoloxías e actividades lúdico-formativasO alcalde, Evencio...

O Ministerio de Cultura volve premiar as Bibliotecas do Concello de Oleiros

0
A forte aposta pola educación e a cultura que fai o Concello de Oleiros volve ser merecedor de que as Bibliotecas Municipais fosen novamente...

As persoas máis lectoras da Pobra son agasalladas polo Día das Bibliotecas 2024

0
As bibliotecas son un punto de encontro arredor das letras, unha plataforma para a difusión do coñecemento. Baixo esta premisa, a Concellaría da Cultura...

O desprendemento de cables de telefonía impide o tráfico rodado na rúa José María...

0
Os bombeiros do parque Provincial das Pontes interviñeron esta tarde nunha incidencia ocasionada pola rotura dun poste de telefonía sobre a vía que impedía...

Os Concellos afectados polo paso da AP-9 acordan asociarse para “reivindicar vos nosos dereitos...

0
• O alcalde de Abegondo convocou a reunión para “facer forza conxunta” • Os Concellos loitarán pola cobranza de atrasos do IBI, a actualización catastral...

Laxe instala 4 paneis informativos en diferentes miradoiros do municipio

0
·       Os puntos nos que se colocaron os indicadores son os miradoiros de Cabo da Area, Santa Rosa, o Faro de Laxe e o cemiterio. O...

Publicacións Relacionadas